João Bernardo Vieira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
João Bernardo Vieira
João Bernardo Vieira detail1, 1822WD944.jpg
Nacemento27 de abril de 1939
Lugar de nacementoBissau
Falecemento2 de marzo de 2009
Lugar de falecementoBissau
Causaferida por arma de fogo e asasinato premeditado
SoterradoFortaleza de São José da Amura
NacionalidadeGuinea-Bisau
EtniaPapéis
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico
PremiosOrde de José Martí e Grande-Colar da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada
editar datos en Wikidata ]

João Bernardo “Nino” Vieira, nado en Bissau o 27 de abril de 1939, e finado en Guinea-Bissau o 2 de marzo de 2009, foi un político de Guinea-Bissau, que ocupou tres veces a presidencia do seu país (a primeira vez entre 1973 e 1984, a segunda vez entre 1984 e 1999 e a terceira vez dende o 1 de outubro de 2005 até a súa morte en 2009. Tamén foi primeiro ministro do seu país entre 1978 e 1980.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Electricista de formación, Vieira estaba afiliado ó Partido Africano para a Independencia de Guinea e Cabo Verde (PAIGC), de Amílcar Cabral, en 1960 e converteuse rapidamente nun elemento clave da guerra de guerrillas do país contra o réxime portugués.

O 14 de novembro de 1980, Vieira derrocou ao goberno de Luís Cabral en Cabo Verde, levando ó poder ó Partido Africano pola Independencia de Guinea e Cabo Verde (PAIGC), partido de Vieira. A constitución foi suspendida e foi instalado un consello militar de nove membros (presidido polo mesmo Vieira).

En 1994 foron celebradas as eleccións presidenciais, nas que Vieira recibiu o 46,20% dos votos contra outros sete candidatos. Vieira quedou primeiro, pero non logrou a cantidade mínima para poder gañar as eleccións. A segunda volta celebrouse o 3 de agosto de devandito ano. Vieira gañou na segunda volta cun 52,02% dos votos contra os 47,98% de Kumba Ialá. Vieira xurou como primeiro presidente democrático de Guinea-Bissau o 29 de setembro de 1994.

O 7 de maio de 1999, Vieira foi derrocado. Buscou refuxio na embaixada portuguesa e logo exiliouse en Portugal.

O 7 de abril de 2005, Vieira volveu a Guinea-Bissau, case dous anos despois de que o presidente Kumba Ialá fose derrocado por militares.

En xuño de 2005 celebráronse eleccións. Vieira obtivo un 28,87% dos votos, detrás do seu opoñente, Malam Bacai Sanhá. Na segunda volta, Vieira gañou cun 52,35% dos votos e xurou como presidente o 1 de outubro de devandito ano.

O 28 de outubro de 2005, Vieira anunciou a disolución do goberno dirixido polo seu rival, o primeiro ministro Carlos Gomes Júnior, o 2 de novembro de devandito ano, nomeando como primeiro ministro a Aristides Gomes.

Na madrugada do 2 de marzo de 2009, ós seus 69 anos, o presidente Vieria foi asasinado nun ataque por parte das milicias do Partido Africano para a Independencia de Guinea e Cabo Verde. A milicia asegurou que Vieira estaba detrás do asasinato do seu líder, Batista Tagme Na Wai, xefe de Estado Maior das forzas armadas de Guinea-Bissau e opoñente de Vieira, asasinado o día anterior.[1]

Notas[editar | editar a fonte]