Jiko Luveni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJiko Luveni

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata
Ono-i-Lau, Fidxi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de decembro de 2018 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Member of the Parliament of Fiji (en) Traducir
6 de outubro de 2014 – 22 de decembro de 2018 (finado no cargo)
Speaker of the Parliament of Fiji (en) Traducir
6 de outubro de 2014 – 22 de decembro de 2018 – Epeli Nailatikau (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFidxi Editar o valor em Wikidata
EducaciónCollege of Medicine, Nursing & Health Sciences (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónodontóloga , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFiji First Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Luveni-1

Jiko Fatafehi Luveni, nada en 1946 e finada o 22 de decembro de 2018, foi unha médica, política de Fidxi e presidenta do Parlamento de Fidxi. Era membro do partido FijiFirst antes de renunciar á súa participación no partido co fin de asumir o cargo de portavoz. Isto debeuse a que o presidente de Fidxí non é membro do Parlamento e non pode ser membro dun partido político de conformidade co artigo 77 (1) (a) e o artigo 77 (7) (b) (ii) da Constitución de Fidxí.[1] Foi a primeira fidxana graduada dunha Escola de Medicina e a primeira muller en ocupar o cargo de portavoz parlamentaria.[2]

Infancia e educación[editar | editar a fonte]

Filla dun antigo comerciante convertido en magnate naviero, Luveni provén do pobo de Nukuni na illa de Ono-i-Lau, no arquipélago que compón a provincia de Lau. Tivo dous matrimonios, cinco fillos e sete netos. Os seus pasatempos incluían o tenis, softbol, netball e voleibol. Na súa mocidade representou ao país en tenis de mesa e golf en tres edicións dos Xogos do Pacífico Sur.[3] Posteriormente foi elixida membro do comité directivo do Consello de Deportes de Fidxí e no Comité de Apelacións Tripartito da Asociación de Deportes e Comités Olímpicos Nacionais de Fidxí (FASANOC).[4]

Luveni educouse na escola Lautoka Fijian School e logo na escola secundaria Nabua en Suva, antes de inscribirse na escola Adi Cakobau en Sawani. Graduouse en odontoloxía da Escola de Medicina de Fidxí en 1967, a primeira muller de Fidxí en facelo. Despois de graduarse, traballou durante vinte anos para o Ministerio de Saúde, antes de traballar para o Fondo de Poboación das Nacións Unidas como directora de proxectos de planificación familiar e saúde reprodutiva de 1987 a 2002. Renunciou tres anos antes da finalización do seu mandato para ocupar un posto como oficial de proxectos de VIH para o Ministerio de Saúde, onde traballou en campañas de información e prevención do virus, e logo como directora de proxectos da "Rede de Fidxí para persoas que viven co VIH", unha organización non gobernamental que axuda ao sostén dos enfermos.

De 2007 a 2008, Luveni formou parte da xunta directiva do Consello Deportivo interino de Fidxí.[5][6]

Carreira política[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2008 Luveni foi nomeada Ministra de Saúde e logo Ministra de Benestar Social, Muller e Alivio da Pobreza no goberno interino encabezado polo primeiro ministro Voreqe Bainimarama. Tamén foi copresidenta dun equipo de traballo do goberno establecido para formular recomendacións con respecto á "identidade cultural social e a construción da nación" para a proposta Carta Popular para o Cambio, a Paz e o Progreso.

En 2013 Luveni indicou que se presentaría como parte do partido político proposto por Bainimarama.[7] Foi elixida presidenta do Consello Provincial de Lau en abril de 2014, sucedendo a Filipe Bole, pero despois de ser anunciada como candidata parlamentaria polo partido FijiFirst en xullo de 2014, renunciou ao cargo logo de só tres meses.[8][9] Sucedeuna Ilisoni Taoba. Nas eleccións de 2014 recibiu 2.296 votos e foi elixida para o parlamento como a décimo cuarta candidata máis votada de FijiFirst.[10] Renunciou ao seu posto inmediatamente despois das eleccións para converterse en portavoz, a primeira fidxana en ocupar o posto.[11] O seu lugar como deputada foi ocupado por Laisenia Tuitubou. Foi electa portavoz formalmente o 6 de outubro de 2014.[12]

Falecemento[editar | editar a fonte]

O 22 de decembro de 2018, Luveni morreu á idade de setenta e dous anos.[13]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na 72.ª Asemblea Mundial da Saúde foille entregado o premio póstumo Global Health Hero Award da Organización Mundial da Saúde (OMS).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Constitution of The Republic of Fiji" (PDF) (en inglés). 2021-02-17. 
  2. 2,0 2,1 "Dr Jiko Luveni posthumously recognized with the Global Health Hero Award" (en inglés). 2019-05-21. Consultado o 2021-02-17. 
  3. "Dr Jiko Luveni was also a national sports champion" (en inglés). 27 de decembro de 2018. Consultado o 2021-02-17. 
  4. Delaibatiki, Nemani (28 de decembro de 2018). "Posthumous Award For Late Speaker Dr Jiko Luveni" (en inglés). Consultado o 2021-02-17. 
  5. "Yee, Bogidrau in Council Board" (en inglés). FijiLive. 25 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 2021-02-17. 
  6. "Rajendra Chaudry accepts board appointment" (en inglés). 27 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2007. Consultado o 2021-02-17. 
  7. Dodiverata, Rosi (12 de xullo de 2013). "Dr Luveni for proposed party" (en inglés). Consultado o 2021-02-17. 
  8. Vukailagi, Dreu (10 de abril de 2014). "Government reminds Lau of $6.2 million assistance" (en inglés). Fiji Television Limited. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. 
  9. Swamy, Nasik (26 de xullo de 2014). "FijiFirst candidates". Fiji Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 2021-02-17. 
  10. "2014 Election Results". Fiji Elections Office. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2014. Consultado o 2021-02-17. 
  11. Nasik Swami (25 de setembro de 2014). "Our new Speaker" (en inglés). Fiji Times. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2015. Consultado o 2021-02-17. 
  12. "Dr Luveni is Fiji's first female Speaker" (en inglés). FijiLive. 6 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 9 de xuño de 2015. Consultado o 2021-02-17. 
  13. "Speaker Dies" (en inglés). 22 de decembro de 2018. Consultado o 2021-02-17.