Jesús González Tutor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús González Tutor
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xaneiro de 2008 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Valdoviño, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Valdoviño
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Jesús González Tutor, nado en Madrid en 1943[1] e finado en Valdoviño o 31 de xaneiro de 2008, foi un médico e político galego e madrileño do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenliado en Medicina e especializado en Cardioloxía. En 1980 trasladouse a Valdoviño coa súa familia, ocupando unha praza na unidade de coidados intensivos do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. Nas eleccións municipais de 1983 foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Valdoviño logrando a vitoria cun 48% dos votos, ó bordo da maioría absoluta, e sendo elixido como cabeza da lista máis votada. Durante o seu mandato compaxinou a alcaldía co seu traballo no hospital, logrando numerosos avances en materia de infraestruturas e demais equipamentos, coma o centro de saúde[2]. Non se presentou á reelección nas municipais de 1987, concorrendo no undécimo posto da candidatura socialista[3] e retirándose da política, centrándose dende entón no seu traballo como médico no hospital.


Predecesor:
Manuel Villarnovo Martínez
 
Alcalde de Valdoviño
 
1983 - 1987
Sucesor:
Miguel Ángel Pérez Quintela

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estaba casado e tiña dous fillos, despois de divorciarse casou de novo e tivo dúas fillas. Gran amante da costa galega, adoitaba veranear na zona de Estaca de Bares, ata que descubreu Valdoviño e decideu establecerse alí en 1980 tras solicitar unha praza no hospital ferrolán Arquitecto Marcide[4]. Finou o 31 de xaneiro de 2008[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 18-7-1993, p.45.
  2. Entrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 18-7-1993, p.45.
  3. La Voz de Galicia, Ferrol, 13-5-1987, p.39.
  4. Entrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 18-7-1993, p.45.
  5. Fallece Jesús González Tutor, el segundo alcalde de Valdoviño en la democracia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras páxinas[editar | editar a fonte]