Jesús Fuentes Noya
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Santiago de Compostela |
Morte | século XX Santa Coloma de Farners |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , escritor |
Jesús Fuentes Noya, nado en Santiago de Compostela e finado en Santa Coloma de Farners nos anos corenta, foi un avogado, xornalista e secretario xudicial galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en Gaceta de Galicia e El Regionalista. En 1897 anunciouse a publicación do seu libro El concepto de patria y región, que nunca chegou a ver a luz.[1] Foi secretario dos xulgados de Viana do Bolo, Arzúa, Vilalba, Belchite, Balaguer e Santa Coloma de Farners.
Obras[editar | editar a fonte]
- Las peregrinaciones a Santiago de Compostela, 1898.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Enriqueta Ríos Arango en 1899,[2] e foi pai de Alberto Fuentes Valcárcel-Ríos.