Jesús Carballo Martínez
Jesús Carballo Martínez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 26 de novembro de 1976 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | ximnasta artístico |
Pai | Jesús 'Fillo' Carballo |
Irmáns | Manuel Carballo |
Premios | Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jesús Carballo Martínez, nado en Madrid o 26 de novembro de 1976, é un antigo ximnasta olímpico e actual técnico deportivo de orixe galega. Desde o ano 2010 é o presidente da Federación Española de Ximnasia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia de ximnastas: a súa nai foi ximnasta e o seu pai, Jesús 'Fillo' Carballo, foi ximnasta olímpico e seleccionador español dos equipos de ximnasia artística masculina e posteriormente feminina.
Aos 6 anos empezou a practicar a ximnasia, primeiro no equipo do barrio de San Blas, en Madrid, antes de fichar polo CU Las Palmas sendo aínda un pícaro. En 1988, con 12 anos proclamouse campión de España alevín. En 1994 obtivo por primeira o título de campión de España en categoría sénior, título que revalidou en 1995 e en 1996.
Internacionalmente, obtivo a medalla de bronce nos campionatos de Europa de ximnasia en categoría júnior (Praga, 1994), o bronce nas barras paralelas na Copa de Europa de 1995, e finalmente a medalla de ouro en barra fixa nos Campionatos do Mundo de Ximnasia de 1996 celebrados en San Xoán de Porto Rico.
Participou nos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta, onde caeu na final de barra fixa, que era a proba na que tiña maiores esperanzas de medalla. Ese mesmo ano, e 1996 rompeu o cúbito e o radio nunha caída. En 1997, de novo na competición profesional, obtivo a medalla de ouro nos Xogos do Mediterráneo de Bari en 1997 e a prata nos Campionatos do Mundo de Ximnasia en Lausana na especialidade de barra fixa e unha sétima praza no concurso completo.
Logo dunha operación nos dous xeonllos en 1998, en 1999 revalidou o seu título mundial de barra fixa en Tianjin e quedou sexto na proba de argolas. Unha nova lesión de xeonllos impediulle participar nos Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney. Nos Mundiais de 2001 volveuse lesionar nos xeonllos, e estivo dezanove meses de baixa. En 2003 abandonou a práctica deportiva profesional e dedicouse primeiro a ser adestrador de ximnasia e posteriormente, a partir de 2010, a ser o presidente da Federación Española de Ximnasia.[1].
Relación con Galicia[editar | editar a fonte]
O seu pai é de Moaña, onde Jesús Carballo pasaba os veráns.