Jenaro Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jenaro Castro
(Jenaro Castro) Conferencia Adolfo Suarez Illana dentro del FORO MADRID del Partido Popular de Madrid. (45072741145) (cropped).jpg
Nacemento2 de febreiro de 1961
Lugar de nacementoPol
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista e presentador de televisión
editar datos en Wikidata ]

Jenaro Castro Muíña, nado o 2 de febreiro de 1961 en Pol, é un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Ciencias da Información, na rama de Xornalismo, pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a traballar en 1985 na Cadena SER, onde realizou labores de redacción no programa informativo vespertino Hora 25 e o informativo Matinal. Traballou con Iñaki Gabilondo e Carlos Herrera, entroutros. Despois pasou á Cadena COPE, onde foi director de informativos da fin de semana, onde colaborou no programa de Luis del Olmo e onde foi subdirector do programa matinal con Manuel Antonio Rico.

Despois destes anos de xornalismo radiofónico, na década dos noventa deu o salto á televisión. En 1990 debutou en TVE, no programa Por la Mañana, que dirixía o veterano xornalista Jesús Hermida. Cando rematou o programa regresou á radio durante un tempo, ata que volveu a TVE cando se puso en marcha Diario Noche. Dende ese momento estivo ininterrompidamente en informativos, onde foi editor adxunto de Diario Noche, fixo os avances informativos da mañá, foi nomeado editor asistente do informativo Telediario Primera Edición, e finalmente se responsabilizou de presentar o avance da unha da tarde.

En 1997 fíxose cargo durante varios meses da edición e presentación do telexornal Telediario Fin de Semana e foi editor e presentador do telexornal matinal entre xaneiro de 1999 e setembro do 2000. Dende mediados de 2000, foi o editor de Telediario Segunda Edición espazo de noticias que dirixía Alfredo Urdaci. En 2004, coincidindo co cambio de goberno, pasou á segunda fila informativa no Canal 24 Horas. Oito anos despois, logo da vitoria do Partido Popular, volveu á primeira fila, e foi nomeado director de informativos non diarios de TVE e asemade dirixía e presentaba o veterano programa informativo Informe Semanal. Todo este traballo estivo salpicado de moitos especiais informativos con motivo de grandes acontecementos nacionais e internacionais.

Seguiu durante anos vinculado a programas de reportaxes informativos, entre eles no programa Documentos TV. En febreiro de 2021 foi elixido para ocupar unha cadeira no consello de administración de RTVE[1], a proposta do Partido Popular.

Recoñecementos e galardóns[editar | editar a fonte]

En setembro de 2009, Castro foi recoñecido unha Antena de Ouro pola súa traxectoria[2]. xornalística.

En 2020 obtivo o Premio Andalucía de Periodismo por unha reportaxe titulada “Marta, la Niña de Sevilla”, que abordaba a desaparición dunha moza andaluza, Marta del Castillo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Elvira, Rosario G. Gómez, Álvaro P. Ruiz de (2021-02-25). "Quién es quién en el nuevo consejo de RTVE". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2021-02-25. 
  2. Castro recibe a Antena de Ouro Nova en El Progreso, 15 de setembro de 2009]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Jenaro Castro na páxina de TVE (en castelán)