Saltar ao contido

Jeg rev et blad ud af min dagbog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jeg rev et blad ud af min dagbog
Raquel Rastenni Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Forma artística
Implicados
 Interpretado por
Datas
 Data de publicación
1958 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0f8ydx Editar o valor en Wikidata
Wikidata

«Jeg rev et blad ud af min dagbog» (en galego: «Arrinquei unha folla do meu diario») é unha canción composta por Harry Jensen e interpretada en dinamarqués por Raquel Rastenni.[1] Lanzouse como sinxelo en 1958 mediante His Master's Voice.[2] Foi elixida para representar a Dinamarca no Festival de Eurovisión de 1958 tras gaña-la final nacional dinamarquesa, Dansk Melodi Grand Prix 1958.[3][4]

Festival de Eurovisión 1958

[editar | editar a fonte]
Raquel Rastenni interpretando a canción durante un ensaio do Festival de Eurovisión 1958.

Selección

[editar | editar a fonte]

«Jeg rev et blad ud af min dagbog» cualificouse para representar a Dinamarca no Festival de Eurovisión 1958 tras gaña-la final nacional dinamarquesa, Dansk Melodi Grand Prix 1958.[3]

No festival

[editar | editar a fonte]

A canción participou no festival celebrado nos estudos AVRO en Hilversum o 12 de marzo de 1958, sendo interpretada pola cantante dinamarquesa Raquel Rastenni.[4] A orquestra foi dirixida por Kai Mortensen.[5]

Foi interpretada en sexto lugar, seguindo a Suecia con Alice Babs interpretando «Lilla stjärna» e precedendo a Bélxica con Fud Leclerc interpretando «Ma petite chatte». Ao final das votacións, a canción recibiu 3 puntos, obtendo o oitavo posto de 10.[6]

  1. "Jeg Rev Et Blad Ud Af Min Dagbog". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019.
  2. "Raquel Rastenni – Jeg Rev Et Blad Ud Af Min Dagbog". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019.
  3. 1 2 "Denmark 1958" [Dinamarca 1958]. ESC-History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019.
  4. 1 2 UER (ed.). "Raquel Rastenni - Denmark — Hilversum 1958" [Raquel Rastenni - Dinamarca — Hilversum 1958]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019.
  5. "Kai Mortensen". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1958, Kai Mortensen. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 17 de agosto de 2019.
  6. UER (ed.). "Final of Hilversum 1958" [Final de Hilversum 1958]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
«Skibet skal sejle i nat»
Birthe Wilke e Gustav Winckler

Dinamarca no Festival de Eurovisión

1958
Sucesor:
«Uh, jeg ville ønske jeg var dig»
Birthe Wilke