Samma stjärnor lysa för oss två
«Samma stjärnor lysa för oss två» | ||
---|---|---|
Canción de Alice Babs | ||
Lanzamento | 1958 | |
Formato | ||
Gravada | ||
Xénero musical | ||
Lingua(s) | Sueco | |
Duración | 2:38 (actuación no Festival de Eurovisión 1958) | |
Discográfica | ||
Produtor(es) | ||
Escritor(es) | Åke Gerhard | |
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
«Samma stjärnor lysa för oss två» (en galego: «A mesma estrela brilla para nós dous») é unha canción composta por Åke Gerhard e interpretada en sueco por Alice Babs.[1] Foi elixida para representar a Suecia no Festival de Eurovisión de 1958 co título «Lilla stjärna» tras ser seleccionada internamente pola emisora sueca Sveriges Radio.[1][2]
Festival de Eurovisión 1958[editar | editar a fonte]
Lilla stjärna | |
---|---|
Canción do Festival de Eurovisión 1958 | |
País | |
Artista(s) | |
Lingua(s) | |
Compositor(es) | Åke Gerhard (música) Gunnar Wersén (letra) |
Resultados | |
Posto na Final | 4 |
Puntos na Final | 10 |
Cronoloxía | |
«Augustin» (1959) ► |

Selección[editar | editar a fonte]
«Samma stjärnor lysa för oss två» foi seleccionada para representar a Suecia no Festival de Eurovisión 1958 pola emisora sueca Sveriges Radio. A cantante elixida para interpretala, Alice Babs, pediu que a letra da canción fose cambiada, así que a emisora sueca encargou a Gunnar Wersén, xornalista e empregado de Sveriges Radio, que escribise unha nova letra para a canción, cuxo nome cambiou a «Lilla stjärna». Debido a isto, o compositor, Åke Gerhard, prohibiu a publicación da canción de maneira comercial.[1]
No festival[editar | editar a fonte]
A canción participou no festival celebrado nos estudos AVRO en Hilversum o 12 de marzo de 1958, sendo interpretada pola cantante sueca Alice Babs.[2] A orquestra foi dirixida por Dolf van der Linden.[3]
Foi interpretada en sexto lugar, seguindo a Luxemburgo con Solange Berry interpretando «Un grand amour» e precedendo a Dinamarca con Raquel Rastenni interpretando «Jeg rev et blad ud af min dagbog». Ao final das votacións, a canción recibiu 10 puntos, obtendo o cuarto posto de 10.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Melodifestivalen 1958". Sveriges Television (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2019. Consultado o 15 de agosto de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 UER (ed.). "Alice Babs - Sweden — Hilversum 1958" [Alice Babs - Suecia — Hilversum 1958]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2019. Consultado o 15 de agosto de 2019.
- ↑ "Dolf van der Linden". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1958, Dolf van der Linden. Consultado o 15 de agosto de 2019.
- ↑ UER (ed.). "Final of Hilversum 1958" [Final de Hilversum 1958]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 15 de agosto de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Predecesor: Primeira aparición |
![]() Suecia no Festival de Eurovisión 1958 |
Sucesor: «Augustin» Brita Borg |