Jebel Toubkal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 31°03′43″N 7°54′58″O / 31.061944444444, -7.9161111111111

O Toubkal
O Toubkal localízase ao sur do Alto Atlas

O Jebel Toubkal (tamén Djebel Toubkal ou Macizo do Toubkal) é a montaña máis elevada da cadea do Atlas en Marrocos. Jebel é unha palabra do árabe vulgar que significa "monte, montaña".

Con 4165 metros sobre o nivel do mar é tamén o punto máis elevado do Noroeste de África. Está situado a cerca de 60 km ao Sur da cidade de Marrakesch, no hómonimo parque nacional do Toubkal.

A primeira ascensión ao Toubkal foi levada a cabo polo Marqués de Segonzac e máis V. Berger e H. Dolbeau.