Jeanne Villepreux-Power
Jeanne Villepreux-Power | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Jeanne Villepreux |
Alcume | Jeannette Power |
Nacemento | 25 de setembro de 1794 |
Lugar de nacemento | Juillac |
Falecemento | 25 de xaneiro de 1871 |
Lugar de falecemento | Juillac |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | bióloga, zoóloga, bióloga mariña, naturalista e modista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marina Jeanne Villepreux-Power, nada en Juillac en 1794 e finada en 1871, foi unha bióloga francesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla dun zapateiro, emigrou a París, onde chegou a ser unha brillante axudante de costureira e fíxose afamada pola creación do traxe de voda dunha princesa. Tras coñecer un rico comerciante e nobre inglés en Sicilia, James Power, casou en 1818 en Mesina, pasando a vivir en Sicilia durante 20 anos.
Converteuse en naturalista, a primeira (1832) que creou e usou acuarios para experimentacións no medio acuático, polo que é recoñecida como a nai da acuariofilia. De 1832 a 1842 foi a única muller na Academia Catania e membro correspondente da Sociedade Zoolóxica de Londres (máis outras 16 academias). Escribiu varios libros, publicando a Sociedade Histórica de Mesina Guida per la Sicilia, un brillante e erudito inventario da contorna da illa. Foi famosa en toda Europa polo seu traballo sobre a cuncha do argonauta. É mencionada nun libro francés de 1899, Les femmes dans la science, de Alphonse Rebiere.
O seu apelido, “Villepreux-Power”, lévao tamén un importante cráter de Venus.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)