Saltar ao contido

Javier Posse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Javier Pose»)
Modelo:BiografíaJavier Posse
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor en Wikidata
Malpica de Bergantiños, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata
Membro de

Los de la sierra: 6523

Javier Posse Varela, nado en Malpica de Bergantiños en 1898, foi un anarquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda moi novo emigrou ao Uruguai co seu pai. Mozo de café en Montevideo, uniuse ao anarquismo en 1921, foi representante da Sociedad de Resistencia de Mozos y Anexos afiliada ao Consejo Regional da Federación Obrera Regional Uruguaya (FORU), onde foi nomeado secretario. Expulsado do Uruguai, instalouse na Coruña en 1933 e integrouse no Sindicato de Camareros Terrestres da CNT. En 1935 era secretario do sindicato e foi membro do Comité Regional de Galicia e do Comité Regional ProPresos.[1] Impartiu unha conferencias no centro Resplandor en el Abismo co título "Las juventudes ventudes y el momento actual".[2] A finais de 1935 participou en numerosos mitins en Galicia con Federica Montseny, Claro José Sendón e Jaime Baella Pérez.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, torturado e condenado a un ano de prisión. A principios da década dos corenta traballou como viaxante de comercio e participou na CNT clandestina. Foi membro do segundo comité da CNT formado na Coruña e de 1945 a 1947 foi o enlace entre a Confederación Rexional Galaica e o Comité Nacional de Madrid. Arrestado en marzo de 1947, foi xulgado en consello de guerra en Vigo o 1 de xuño de 1948. Foi condenado a 15 anos de prisión e internado na Colonia Penitenciaria Militarizada de Dos Hermanas en Sevilla. Saíu en liberdade provisional en agosto de 1950.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Calvo.

  1. La Voz de Galicia, 23-4-1935, p. 8.
  2. La Voz de Galicia, 24-5-1935, p. 5.
  3. BOE, 25-11-1950, p. 5474.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]