Jan Batista Alton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1845 Calfosch, Italia (en) |
Morte | 3 de abril de 1900 (54 anos) Rovereto, Italia (pt) |
Causa da morte | homicidio |
Residencia | Praha II (en) (1873–) |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, high school professor (en) , botánico |
Empregador | Universidade de Viena |
Descrito pola fonte | Digitized residence applications of the Prague Police Directorate (conscription) 1850–1914 (en) |
Jan Batista Alton , nado en Calfosch o 21 de novembro de 1845 e finado en Rovereto o 3 de abril de 1900, foi un lingüista e escritor ladino de Tirol do Sur.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou en Brixen e Trento, licenciándose en filosofía en Innsbruck en 1870. Ensinou latín en centros de ensino secundario de Trento, Praga, Viena e Rovereto. Escribiu textos, en lingua alemá, sobre as falas ladinas, entre eles Die ladinischen Idiome in Ladinien, Gröden, Fassa, Buchenstein, Ampezo de 1879 e publicou tamén algúns ensaios en ladino nos que incluía poesía, proverbios e contos ás veces tamén con tradución italiana, Proverbi, tradizioni ed aneddoti delle valli ladine orientali con versione italiana (Innsbruck, 1881); Rimes ladines en pért con traduzion italiana (Innsbruck, 1885); Stòries e chiánties ladines con vocabolario ladin-italian metudes in rima (Innsbruck, 1895). Tamén se interesou por outras linguas romances, en particual polo francés antigo.