Saltar ao contido

James M. Carpenter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJames M. Carpenter
Nome orixinal(en) James Michael Carpenter Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
EducaciónUniversidade Cornell - Doutor en filosofía (1977–1983)
Universidade Estatal de Míchigan - graduado en ciencias (1974–1977) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEntomoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónentomólogo, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Americano de Historia Natural (1992–)
Universidade Harvard (1983–1991) Editar o valor en Wikidata

James Michael Carpenter, nado en 1956, é un entomólogo estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carpenter estudou na Universidade Estatal de Míchigan, onde acadou o B.S. en 1977, e na Universidade Cornell, onde obtivo o seu Ph.D. en 1983.[1]

Entre outros cargos desempeñados cómpre citar:[2]

  • Profesor adxunto do City College of New York desde 1996 á actualidade.
  • Conservador asociado de Himenópteros no American Museum of Natural History (Museo Norteamericano de Historia Natural), desde 1992 a 1995, e conservador desde 2010 á actualidade;
  • Cadeira da División de Zooloxía de Invertebrados do American Museum of Natural History desde 2012 á actualidade.
  • Profesor da Richard Gilder Graduate School do American Museum of Natural History desde 2008 á actualidade.
  • Profesor adxunto do City College of New York desde 1996 á actualidade.

Traballos recentes

[editar | editar a fonte]

As súas publicacións recentes abranguen temas desde a taxonomía até a etoloxía, e continúa investigando a sistemática da familia dos véspidos en todo o mundo, á que se refiren a maior parte dos traballos publicados. O foco xeográfico estivo especialmente nas partes orientais e adxacentes da rexión paleártica. As publicacións que tratan sobre as avespas de Vietnam forman parte dunha colaboración de 20 anos con científicos de Hanoi. As publicacións da India proceden dunha colaboración iniciada hai uns seis anos, que agora engloba a dous grupos de investigación, en Kozhikode e Bengaluru. As publicacións relativas á China e Paquistán representan os primeiros froitos das colaboracións iniciadas hai máis de dous anos. Tamén continúa a publicar sobre os véspidos da rexión neotropical, especialmente do Brasil e da Güiana Francesa, con coautores cos que comezou a colaborar hai 20 anos en ambos os casos.[1]