Saltar ao contido

James E. Dittes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJames E. Dittes
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1926 Editar o valor en Wikidata
Cleveland, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte24 de agosto de 2009 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Hamden, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía pastoral Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpsicólogo Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

James E. Dittes, nado en Cleveland en 1926 e finado en Hamden o 24 de agosto de 2009, foi un pastor baptista e profesor de psicoloxía da relixión (1968-2002) e teoloxía pastoral (1982-2002) na Universidade Yale.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Serviu durante a segunda guerra mundial como técnico de radio na mariña, logo da guerra proseguiu os seus estudos no Oberlin College e na Yale Divinity School, logo no inicio da década de 1950 ensinou durante dous anos na escola americana de Talas (Turquía). En 1954 foi ordenado pastor na Cleveland Baptis Association. Foi editor do Journal for the Scientific Study of Religion (1966-1971) e presidente da Society for the Scientific Study of Religion (1972-1973). Entre as súas áreas de traballo salientou o estudo psicolóxico do clero.

  • Vocational Guidance of Theological Students: A Manual for the Use of the Theological School Inventory (1964)
  • Psychological studies of clergymen: abstracts of research, con Robert J. Menges (1965)
  • The Church in the Way (1967)
  • Minister on the Spot (1972)
  • Bias and the Pious: The Relation between Prejuice and Religion (1973)
  • The Male Predicament: On Being a Man Today (1984)
  • When Work Goes Sour (1987)
  • Men at Work: Life Beyond the Office (1996)
  • Driven by Hope: Men and Meaning (1996)
  • Pastoral Counseling: The Basics (1999)
  • Re-Calling Ministry, con Donald Capps (1999)
  • When the People Say No: Conflict and the Call to Ministry (2004)