Jaime Manzur Londoño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1937 Guinea Ecuatorial |
Morte | 10 de novembro de 2019 (81/82 anos) Bogotá, Colombia |
Causa da morte | aneurisma cerebral |
Actividade | |
Ocupación | director teatral, actor, monicrequeiro |
Período de actividade | 1952 - 2019 |
Familia | |
Irmáns | David Manzur |
Jaime Manzur Londoño, nado en Guinea Ecuatorial no ano 1937 e finado en Bogotá o 10 de novembro de 2019,[1] foi un director de teatro, actor e monicrequista colombiano cunha traxectoria de preto de 60 anos.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Manzur naceu en Guinea Ecuatorial en 1937 pero viviu dende cativo na cidade de Armenia, no departamento do Quindío, Colombia.Comezou a interesarse polo folclore e o teatro na cidade de Medellín, logo de inscribirse no Ballet Nacional desa cidade. Inicialmente traballou como bailarín, mais co paso do tempo empezou a salientar noutras artes como a dirección escénica, a pintura, a actuación e a elaboración de monicreques,[4] chegando a crear arredor de 700 deles ó longo da súa traxectoria artística.[2][5]
Durante a súa carreira como director de teatro e actor, estivo ligado directamente a varias agrupacións folclóricas e teatrais como o Ballet Clásico de Armenia, a Compañía de Monicreques Jaime Manzur, o Ballet Clásico de Medellín, a Fundación Amigos da arte, a Agrupación Lírica de Armenia e a Fundación Jaime Manzur, coa que dende 1980 presentou unha diversidade de obras até os seus derradeiros anos de carreira.[3]
Entre os seus recoñecementos salientan dúas bolsas da UNESCO para Investigación Escénica (1984 e 1986), a Medalla ó Mérito Artístico outorgada en 1992 pola Alcaldía de Bogotá e o Premio á Vida Artística entregado polo Goberno Nacional de Colombia en 1997.[3] O seu irmán é o pintor David Manzur.
Pasamento
[editar | editar a fonte]Manzur finou o 11 de novembro de 2019 logo de sufrir un aneurisma cerebral durante unha presentación teatral no Teatro Colsubsidio da cidade de Bogotá. Foi trasladado de urxencia á clínica Marly, onde morreu.[3][6] A súa fundación atopábase presentando a obra La Leyenda del Beso.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "De 82 años falleció el Maestro Jaime Manzur Londoño – Radar Caribe" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Jaime Manzur, el rey de las marionetas". El Espectador (en castelán). 11 de novembro de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Murió el actor y director de teatro Jaime Manzur". El Pilón, Noticias de Valledupar. 11 de novembro de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Cuentos de hadas y marionetas con Jaime Manzur en Barranquilla". El Heraldo (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Jaime Manzur y un legado de más 60 años de vida artística". Radio Nacional de Colombia (en castelán). 11 de novembro de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Fallece el actor Jaime Manzur Londoño en Bogotá". El Heraldo (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Falleció en plena función el director de teatro Jaime Manzur". KienyKe (en castelán). 11 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 13 de novembro de 2019.