Jaime Gómez Márquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jaime Gómez Márquez
Nome completoJaime José Gómez Márquez
Nacemento1 de xuño de 1957
 A Coruña
Nacionalidadeespañola
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónCatedrático de Bioquímica e Bioloxía molecular da USC
EstudosLicenciado e doutor en Bioloxía
OrganizaciónUSC
editar datos en Wikidata ]

Jaime José Gómez Márquez, nado na Coruña o 1 de xuño de 1957,[1][2] é un biólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os estudos da licenciatura en Bioloxía na Facultade desta disciplina da Universidade de Santiago de Compostela, alcanzando o título de doutor na mesma Universidade en 1981, coa tese Biología molecular de la timosina: biosíntesis de la timosina a1 a partir de su precursor.[1]

Desde 1981 a 1984 foi Visiting Fellow (profesor visitante) no National Institutes of Health de Bethesda, Maryland, USA,[2][3] onde traballou en dous programas de investigación, un deles sobre Herpesvirus e oncoxenes.[1]

En 1984 regresou a Compostela, e desde ese ano até a actualidade, é catedrático de Bioquímica e Bioloxía molecular da Universidade de Santiago de Compostela.[2][3], onde imparte as materias de Bioquímica e Bioenxeñaría.[4]

O doutor Gómez Márquez é un experto na bioloxía molecular das timosinas e nos microsatélites do xenoma humano.[2]

Foi secretario e vicedecano da Facultade de Bioloxía da USC e, durante máis de 7 anos, decano da mesma. Ademais, foi durante 6 anos o Coordinador de Bioloxía en Galicia para as PAAU (Probas de Acceso á Universidade).[2]

Como investigador, as súas principais liñas de investigación son a bioloxía molecular das timosinas (protimosina a e timosina ß4) e os microsatélites do xenoma humano (recombinación xenética, G-quadruplex, evolución molecular). Foi o investigador principal de proxectos financiados por diferentes Ministerios, e pola Xunta de Galicia.[2]

Publicou numerosos artigos científicos en prestixiosas revistas. E dirixiu máis dunha ducia de teses de doutoramento.[2]

O doutor Gómez Márquez foi un dos coordinadores do Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés.[5] sendo, ademais, o impulsor da elaboración de dita obra.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]