Jaime Carvajal y Urquijo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jaime Carvajal y Urquijo
Nacemento9 de xuño de 1939
 Llodio, Áraba
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítico e banqueiro
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito Civil
editar datos en Wikidata ]

Jaime Carvajal y Urquijo, marqués de Isasi, nado en Llodio o 9 de xuño de 1939, é un empresario español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Compañeiro de estudos e amigo do rei Xoán Carlos I cando este aínda era príncipe de Asturias, licenciouse en Dereito na Universidade Complutense de Madrid e ten tamén un mestrado en Economía pola Universidade de Cambridge.

En 1962 herda o marquesado de Isasi en 1962. En 1977 foi designado senador polo propio monarca, e na cámara alta incorporouse ao grupo de senadores da Agrupación Independente. Non se presentou á reelección nos comicios de 1979.

Como empresario, ao remate dos seus estudos incorporouse ao Banco Urquijo, primeiro a través de empresas filiais e en 1969 na área internacional. En 1973 foi designado director xeral da entidade e cando en 1978 se fai co cargo de presidente do consello de administración, o Urquijo é xa o noveno banco do país[1]. Durante o seu período á fronte o banco produciuse o asasinato dos marqueses de Urquijo, propietarios da entidade, feito que conmocionou a opinión pública española. Posteriormente pasou a liderar a o Banco Hispano Industrial, e abandonouno cando se produciu unha reestruturación do grupo do Banco Hispano Americano en 1985.

Foi posteriormente presidente de Ford España, e tamén das empresas Advent International, Parques Reunidos, Ericsson España e ABB S.A. É membro do consello de administración de Ferrovial, e na actualidade o seu vicepresidente.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]