Saltar ao contido

Jaboatão dos Guararapes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaJaboatão dos Guararapes
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 8°06′46″S 35°00′54″O / -8.1128, -35.015
EstadoBrasil
Unidades da federaciónPernambuco Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación643.759 (2022) Editar o valor en Wikidata (2.513,97 hab./km²)
Xeografía
Superficie256,073 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m-5 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1593 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativocâmara municipal de Jaboatão dos Guararapes (pt) Traducir Circunscrición: 0, (Escano: 27) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal54000-000 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico81 Editar o valor en Wikidata
Código de concello do Brasil2607901 Editar o valor en Wikidata

Páxina webjaboatao.pe.gov.br Editar o valor en Wikidata

Jaboatão dos Guararapes é unha cidade brasileira do estado de Pernambuco localizada na Rexión Metropolitana de Recife, a 12 km ó sur do centro desta cidade. Posuía unha poboación de 651 355 habitantes en 2006. A súa superficie total é 257,3 km².

Sendo a súa faixa costeira un prolongamento cara ao sur da praia de Boa Viagem en Recife e estando a poucos minutos do aeroporto daquela cidade, ten como unha das súas actividades económicas o turismo. Para isto posúe diversos hoteis de alta categoría, ademais dalgúns monumentos históricos, entre eles igrexas, como a da Nosa Señora do Livramento, do século XVIII, as praias de Piedade, Candeias e Barra da Jangada, ademais do Parque Histórico Nacional dos Guararapes, que preserva o local da Batalla dos Guararapes que resultou na expulsión dos holandeses do Brasil no século XVII.

No municipio encóntranse varias industrias instaladas principalmente xunto ás estradas BR-101, BR-232 e PE-25, ademais de institucións de ensino superior, e dun comercio diversificado, que inclúe ata un shopping center para servir á poboación de clase media e media-alta residente na cidade. En parte do municipio hai tamén unha zona rural, con pequenas propiedades.