Saltar ao contido

Jablanica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaJablanica
Imaxe

Localización
Mapa
 43°39′43″N 17°45′42″L / 43.662, 17.7618
EstadoBosnia e Hercegovina
Entidade territorial administrativaFederación de Bosnia e Hercegovina
CantónCantón de Hercegovina-Neretva
Concello da FederaciónJablanica Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación10.580 Editar o valor en Wikidata (35,15 hab./km²)
Xeografía
Superficie301 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Neretva Editar o valor en Wikidata
Altitude202 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal88420 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webjablanica.ba Editar o valor en Wikidata

Jablanica é unha cidade e un concello no norte de Hercegovina en Bosnia e Hercegovina, administrativamente ó Cantón de Hercegovina-Neretva, a cidade de Jablanica sitúase a carón do río Neretva.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Jablanica ten 301 km² de superficie e 13.047 habitantes, sitúase nun socalco de 202 metros de altitude entre os macizos montañosos de Čvrsnica e Prenj.

O clima é temperado mediterráneo cunha temperatura media anual de 12 °C e chuvia abundante.

Demografía

[editar | editar a fonte]

O último censo oficial data de 1991, naquel entón o concello tiña 12.691 habitantes, distribuídos en 33 asentamentos, e a cidade tiña 4457 habitantes. Tras a sinatura do Acordo de Dayton Jablanica entrou a formar parte da Federación de Bosnia e Hercegovina.

Nacionalidades do concello en 1991

[editar | editar a fonte]

Nacionalidades da cidade

[editar | editar a fonte]

Polos restos arqueolóxicos máis antigos a zona estivo habitada na Idade do Cobre pero foi na época dos romanos e na Idade Media cando experimenta un notable aumento demográfico, con 22 localidades e 683 necrópoles con stećci e tumbas. Por esta zona pasaba tamén as rutas de caravanas que ían de Dubrovnik a Bosnia amais de vías secundarias ata o val do Vrbas. En 1446 en tempos de Estevo Tomé de Bosnia nun documento aparece a sinatura dun tal Radivoj Jablanović, o que se considera a primeira mención a Jablanica.

No primeiro defter realizado polos otománs na rexión 1477 menciónanse tres aldeas na zona: Žugle (Žuglići) Ostrozac e Čehari, no desfter de 1488/89 xa se menciona Jablanica no límite do distrito de Neretva como un timar con 67 casas, a renda dos impostos chegaba a 5623 akçe. A urbanización da zona comezou na época da monarquía dos Habsburgo en 1877, coa construción de cuarteis, pontes, túneles, estación de ferrocarril e hotel, así como casas e apartamentos para os funcionarios, establecéndose os alicerces da cidade actual. En 1893 cambiouse o seu nome, durante breve tempo, para Jablanica na Neretvi.