Saltar ao contido

Stećak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaStećak
Imaxe
Tipomonumento histórico
lápida
cultura sepulcral Editar o valor en Wikidata
Parte dePoljice-Dolovi necropolis (en) Traducir
Ričina necropolis (en) Traducir
Borak necropolis (en) Traducir
Necropolis of stecci at Radimlja, the historic site (en) Traducir
Grćka Glavica necropolis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°40′N 18°14′L / 43.66, 18.24
Características
AtravesaBosnia e Hercegovina, Croacia, Serbia e Montenegro Editar o valor en Wikidata
Monumento Nacional de Bosnia e Hercegovina  

Stećak (en plural stećci; en cirílico: стећак, стећци) é o nome que reciben as tumbas medievais espalladas a través de Bosnia e Hercegovina, e na fronteira de Croacia, Montenegro e Serbia. Estímase que unhas 60.000 están dentro das fronteiras de Bosnia e Hercegovina e o resto, unhas 10.000 están distribuídas en Croacia (4.400), Montenegro (3.500) e Serbia (2.100), en máis que 3.300 sitios diferentes. Arredor do 90% destas tumbas están en malas condicións.[1][2] Están gravadas nunha variedade de formas recoñecibles, cunha porcentaxe delas ricamente decoradas e algúns stećci individuais que tamén conteñen inscricións en forma de epitafios.

Aparecendo a mediados do século XII, coa primeira fase no século XIII, o costume de cortar e usar lápidas de stećci alcanzou o seu apoxeo nos séculos XIV e XV, antes de ser interrompido a principios do século XVI durante a conquista otomá de Bosnia e Hercegovina.[1] Eran unha tradición común entre os seguidores da Igrexa de Bosnia, da católica e da ortodoxa,[3] e eran usadas tantos polas poboacións eslavas como polos valacos.[4][5]

No territorio de Bosnia e Hercegovina, todos os stećci individuais e os agrupados en necrópoles son considerados patrimonio inmoble e a maioría xa están inscritos nunha das listas da Commisión para Preservar os Monumentos Nacionais ou na lista de Monumentos Nacionais. Os stećci tamén están inscritos na Lista do Patrimonio Mundial pola UNESCO dende 2016, cunha selección duns 4.000 monolitos individuais, agrupados en necrópoles en 28 lugares, dos cales 20 están en Bosnia e Hercegovina, dous en Croacia, tres en Montenegro, e tres en Serbia.[6][7]

  1. 1,0 1,1 "Joint Nomination for Inclusion of Stećci – Medieval Tombstones in the World Heritage List". UNESCO. 14 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2016. 
  2. Musli, Emir (23 de novembro de 2014). "Čiji su naši stećci?" (en bosníaco). Deutsche Welle. Consultado o 1 de abril de 2016. 
  3. Walasek, Helen (2002). "Marian Wenzel 18 December 1932 – 6 January 2002". Bosnian Institute. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 3 de novembro de 2009. 
  4. Lovrenović 2013, pp. 52, 72, 176, 307.
  5. Trako 2011, pp. 71–72, 73–74.
  6. "Examination of nominations of cultural properties to the World Heritage List". UNESCO. 2016. Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  7. Todorovic, Milos (2022). "Heritage in and as diplomacy: a practice based study". International Journal of Heritage Studies 28 (7): 857. doi:10.1080/13527258.2022.2091637. Consultado o 6 de setembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]