Józef Kowalski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJózef Kowalski

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1911 Editar o valor em Wikidata
Polonia Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xullo de 1942 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Auschwitz, Polonia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaSalesianos Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa4 de xullo Editar o valor em Wikidata

Józef Kowalski, nado en Siedliska o 13 de marzo de 1911 e finado en Auschwitz o 4 de xullo de 1942, foi un sacerdote católico salesiano polaco asasinado no campo de concentración de Auschwitz durante a segunda guerra mundial.[1] Foi beatificado en Varsovia o 13 de xuño de 1999.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kowalski naceu en Siedliska (terceira partición de Polonia) o 13 de marzo de 1911, o sétimo dos nove fillos de Wojciech e Zofia Borowiec.[2] Foi ordenado sacerdote salesiano o 29 de maio de 1938 en Cracovia[2] e exerceu como secretario do provincial da congregación.[3] Durante a ocupación alemá de Polonia os salesianos continuaron co seu labor educativo. A Gestapo arrestou a Kowalski o 23 de maio de 1941, xunto con outros 11 salesianos que traballaban en Cracovia. Foron levados á prisión de Montelupich e torturados.

Auschwitz[editar | editar a fonte]

O 26 de xuño de 1941 Kowalski foi enviado ao campo de concentración de Auschwitz, co número de prisioneiro 17.350 ou 17.950.[4] Alí predicou en segredo aos compañeiros prisioneiros no Bloque 25 e tentou fortalecer a súa vontade de sobrevivir no campo. Absolveu condenados a morte, normalmente en segredo, mais polo menos unha vez en público no momento das execucións en masa. En Auschwitz era coñecido como Padre Józef. Nunha das veces que pasou lista, o Blockführer Gerhard Palitzsch descubriuno co seu rosario e ordenoulle pisalo. Kowalski negouse, polo que se lle asignaron traballos forzosos. Na última carta aos seus pais, Józef escribiu:

Non vos preocupedes por min; estou nas mans de Deus. Quero que teñades a certeza de que sinto a Súa axuda en cada paso que dou. Malia todo, estou feliz e en completa paz.[3]

O 3 de xullo de 1942 foi humillado, ridiculizado e fortemente golpeado polos gardas por ser sacerdote. Esa mesma noite sacárono do barracón, mallaron nel e posibelmente o afogaron. O corpo de Kowalski foi atopado o día seguinte e incinerado con outros.[2] Tiña 31 anos.[4]

En Polonia empezouse a venerar a súa figura após a segunda guerra mundial. O papa Xoán Paulo II coñecérao persoalmente antes da guerra, cando Kowalski vivía e exercía na parroquia de San Estanislau Kostka en Dębniki, Cracovia. Nunha das súas visitas a Polonia, Xoán Paulo II beatificou a Kowalski en Varsovia. A misa cerimonial de tres horas tivo lugar o 13 de xuño de 1999, á que asistiron unhas 600.000 persoas, entre elas o entón presidente Aleksander Kwaśniewski.[1] Kowalski foi un dos 108 mártires polacos da segunda guerra mundial beatificados polo papa aquel día.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Luxmoore, Jonathan (14 de xuño de 1999). "Pope blesses Poles martyred by the Nazis". The Guardian (en inglés) (Varsovia). Consultado o 5 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Józef Kowalski". Salezjanie Don Bosco (en polaco). 
  3. 3,0 3,1 "Blessed Jozef Kowalski". CatholicSaints.Info (en inglés). 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Joseph (Józef) Kowalski. Priest and Martyr".