Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía
Dirixentes e organización
LíderAntonio Maíllo
Historia
Fundación1984
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda, republicanismo, federalismo, socialismo, comunismo, laicismo, ecosocialismo, ecoloxismo, progresismo, andalucismo.
Representación
Parlamento de Andalucía
12 / 109
Deputacións provinciais
15 / 228
Concelleiros
1.104 / 9.031
Congreso
2 / 60
Senado
1 / 41
Outros datos
SedeC/Donantes de Sangre, s/n. Edificio Arrayán. 41020 Sevilla
Na rede
iuandalucia.org

Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía (IULV-CA) (en galego: Esquerda Unida Os Verdes-Convocatoria por Andalucía ; EUOV-CA) é unha federación do movemento político e social español Esquerda Unida en Andalucía.

Nas eleccións autonómicas de 2012 obtivo 12 deputados no Parlamento de Andalucía. En xuño de 2013, tras a celebración da súa XIX Asemblea, Antonio Maíllo foi elixido coordinador xeral. En 2013 contaba con 10.000 militantes.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

IULV-CA nace en 1984 baixo o nome de Convocatoria por Andalucía, tras un proceso de apertura posto en marcha polo PCA a través do Manifiesto de las Amapolas (Manifesto das Papoulas) que formulaba a construción dun programa alternativo para transformar Andalucía.[2]

Partidos creadores[editar | editar a fonte]

Organización[editar | editar a fonte]

O máximo órgano de decisión de IULV-CA é a Asemblea Andaluza, que está integrada por unha comisión executiva e os delegados das asembleas de base. A asemblea define a política de IULV-CA e elixe unha parte doutros órganos da federación como son o Consello Andaluz, a Comisión de Arbitraxe e Garantías Democráticas e a Comisión de Control Financeiro, así como ao candidato á presidencia da Xunta de Andalucía.

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La mayoría de IU nombra candidato a Antonio Maíllo para substituír a Valderas, SUR.es, 8 de xuño de 2013.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 05 de xuño de 2014.