Saltar ao contido

Izquierda Democrática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Izquierda Democrática
Logotipo
 Instancia de
 Ideoloxía política
Implicados
 Presidente/a
Datas
 Fundación / creación
1976 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
14 de xaneiro de 1979 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Fusionado con
Localización
 País
Identificadores
VIAF312604852 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Izquierda Democrática foi un partido político español que, desde o antifranquismo, agrupou diversas organizacións e persoas do ámbito da democracia cristiá e a socialdemocracia, como Gregorio Peces-Barba, desde os anos 60. Membro do Equipo da Democracia Cristiá Española, participou na Plataforma de Converxencia Democrática.

En abril de 1976 constituíse formalmente en El Escorial co liderado de Joaquín Ruiz-Giménez e José María Gil-Robles. As diferenzas levaron a unha escisión co nome de Izquierda Democrática Cristiana liderado por Fernando Álvarez de Miranda, que agrupou o sector máis conservador.

Despois das eleccións xerais españolas de 1977, practicamente deixou de ter actividade política e os seus membros integráronse noutras formacións, como UCD e PSOE. Disolveuse oficialmente o 14 de xaneiro de 1979.