Iván Pablo Sanmartín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de outubro de 1975 (48 anos) Santiago de Compostela, España |
Presidente Federación Galega de Atletismo | |
Actividade | |
Ocupación | xuíz de atletismo |
Deporte | atletismo |
Iván Pablo Sanmartín Carreira, nado o 8 de outubro de 1975[1] en Santiago de Compostela, é un atleta, xuíz de atletismo e dirixente deportivo galego, actual presidente da Federación Galega de Atletismo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Iván Sanmartín é un atleta especializado en fondo e gran fondo, que corre en probas afeccionadas polo club de atletismo do Pino.
Licenciado en Ciencias do Deporte na Universidade da Coruña, desde novo estivo vencellado á delegación local en Santiago da Federación Galega de Atletismo, desde 2015 como delegado. Membro polo tanto da directiva da federación, foi o único candidato[2] a substituír en 2022 o anterior presidente, Isidoro Hornillos, e saíu elixido.
Profesionalmente traballa como técnico de deportes do concello do Pino.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Lista de saída. Campionato de Galicia Máster". ranking.atletismo.gal. Consultado o 2022-11-09.
- ↑ "Hornillos deja la Federación y le sucede Iván Sanmartín". Atlántico (en castelán). 2022-11-04. Consultado o 2022-11-09.