Iurii Shchekochikhin
Iurii Shchekochikhin | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de xuño de 1950 |
Lugar de nacemento | Gəncə |
Falecemento | 3 de xullo de 2003 |
Lugar de falecemento | Moscova |
Causa | veleno |
Soterrado | Peredelkino Cemetery |
Nacionalidade | Unión Soviética e Rusia |
Alma máter | MSU Faculty of Journalism |
Ocupación | político, xornalista e member of the State Duma |
Premios | Medalla conmemorativa do 850 aniversario de Moscova e Medal “Defender of a Free Russia” |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Iurii Petrovich Shchekochikhin (en ruso: Юрий Петрович Щекочихин), nado o 9 de xuño de 1950 en Kirovabad (RSS de Acerbaixán) e finado o 3 de xullo de 2003 en Moscova, foi un xornalista de investigación ruso, escritor e lexislador liberal na Duma Estatal. Shchekochikhin acadou sona pola súa divulgación e campaña en contra da influencia do crime organizado e da corrupción. O seu derradeiro libro, Рабы ГБ. XX век. Религия предательства ("Escravos do GB do século XX. A relixión da traizón), trataba sobre persoas que traballaron como informadores do KGB.
Como xornalista do Novaia gazeta (NG), Shchekochikhin investigou os atentados contra apartamentos supostamente dirixidos polos servizos segredos e o escándalo de corrupción Tri kita no que estaban implicados altos cargos do FSB e estaba relacionado co lavado de cartos a través do Banco de Nova York.
Shchekochikhin finou repentinamente o 3 de xullo de 2003 dunha enfermidade misteriosa, uns días antes dunha viaxe planificada aos Estados Unidos, onde tiña previsto reunirse con investigadores do FBI. Os seus documentos médicos, segundo NG, foron perdidos ou destruídos polas autoridades.[1] Os síntomas da súa doenza coinciden cun patrón de envelenamento por material radioactivo e foron similares aos síntomas de Nikolai Khokhlov, Roman Tsepov, e Alexander Litvinenko. Segundo Litvinenko e a información dalgúns medios, a morte de Iurii Shchekochikhin foi un asasinato por motivos políticos.[2][3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Соколов, Сергей (3/07/2013). "Мы ставим точку". Новая газета (en ruso) (71).
- ↑ Goldfarb, Alexander; Litvinenko, Marina (2007). Death of a Dissident: The Poisoning of Alexander Litvinenko and the Return of the KGB. Nova York: Free Press. ISBN 978-1-4165-5165-2.
- ↑ Zeller Jr., Tom (20/11/2006). "From Russia With Love". New York Times.