Iuri Levitán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iuri Borísovich Levitán
Могила Ю.Б. Левитана.JPG
A tumba de Iuri Levitán
Nacemento2 de outubro de 1914
 Vladímir, Rusia
Falecemento4 de agosto de 1983 (68 anos)
 Prókhorovka, Rusia
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeUnión Soviética e Imperio Ruso
OcupaciónLocutor de radio
PremiosMedalla da vitoria sobre Alemaña na gran guerra patriótica 1941-1945, Ordem da Revolução de Outubro, Orde da Insignia de Honra, Artista do Povo da URSS, Bandeira Vermella do Traballo, Medal "For the Defence of Moscow", Medal "Veteran of Labour", Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", People's Artist of the RSFSR, Merited Artist of the RSFSR, Jubilee Medal "In Commemoration of the 100th Anniversary of the Birth of Vladimir Ilyich Lenin", Jubilee Medal "Twenty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Jubilee Medal "Thirty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Jubilee Medal "50 Years of the Armed Forces of the USSR", Jubilee Medal "60 Years of the Armed Forces of the USSR" e Medal "In Commemoration of the 800th Anniversary of Moscow"
editar datos en Wikidata ]

Iuri Borísovich Levitán (en ruso: Ю́рий Бори́сович Левита́н), nado o 2 de outubro de 1914 e finado o 4 de agosto de 1983, foi un locutor de radio soviético, célebre polos seu partes de guerra en Radio Moscova, que adoitaba comezar dicindo: "Atención, fala Moscova!" (ruso: Внимание, говорит Москва!). A súa profunda voz anunciou vitorias en batalla, avisos de bombardeo, e a rendición da Alemaña á Unión Soviética o 9 de maio de 1945.[1] Tamén foi quen fixo pública a primeira información da morte de Stalin, e da primeira viaxe tripulada ao espazo. A súa voz era inmediatamente recoñecida polo público soviético.

Levitán era xudeu[2], e naceu en Vladímir, Rusia; o seu pai, Boris Levitán, era xastre, e a súa mai, María, era ama de casa. Levitán chegou a Moscova procurando unha carreira artística como actor, pero os seus fracasos levárono a se conformar cun posto de locutor. O seu fabuloso ton de voz era unha excelente baza, pero foi contratado coa condición de se desfacer do seu forte acento de Vladímir. Foi o mesmo Stalin quen recoñeceu o valor mediático de Levitán, esixindo persoalmente ás autoridades da radio soviética o seu ascenso a locutor principal.[3]

Ao dar comezo a Segunda Guerra Mundial en Rusia, Levitán foi evacuado a Sverdlovsk no outono de 1941 xunto coa emisora, que foi desmontada e trasladada ao leste para poder seguir emitindo lonxe da fronte. Naquel tempo o paradeiro de Levitán era un secreto de estado, debido á súa importancia como a máis destacada personalidade da radio soviética. Os militares do Exército Vermello adoitaban dicir que a voz de Levitán tiña a forza dunha división enteira. Para o Terceiro Reich, Levitán era o inimigo número 1, mesmo por diante de Stalin, e había unha recompensa de 250.000 marcos pola súa cabeza.[3]

Tras a guerra informou de eventos na Praza Vermella e anunciaba proclamacións estatais. Entre 1978 e 1983 anunciou o solemne "Minuto de Silencio" anual para conmemorar a vitoria na Grande Guerra Patriótica. En 1980 foille outorgado o título de Artista do Pobo da URRS. Faleceu en 1983 en Prókhorovka, durante as cerimonias do aniversario da Batalla de Kursk. Está enterrado no famoso cemiterio de Novodevichy, en Moscova.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Belenitskaya, Olga (16 April 2015). "Moscow is speaking: The voice that brought hope to a nation". Russia Behind the Headlines. Consultado o 6 May 2015. 
  2. Museum of Jewish History Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine., The new exhibition “The Jews of Moscow” has opened in the Museum, 5-20 September 2011.
  3. 3,0 3,1 http://russiapedia.rt.com/prominent-russians/history-and-mythology/yury-levitan/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]