Itxu Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Itxu Díaz
Itxudiaz1.jpg
Nacemento 13 de xullo de 1981 (37 anos)
Lugar A Coruña, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Ocupación xornalista, colunista e escritor
Xéneros Narrativa, sátira
editar datos en Wikidata ]

Itxu Díaz, nado na Coruña o 13 de xullo de 1981, é un xornalista e escritor satírico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 2001 fundou a revista dixital de música española Popes80. En 2006 lanzou o primeiro confidencial especializado en música, El Confidencial Musical, e foi un dos impulsores da creación de Pideunconcierto.com e a revista Music As Follows. Colaborador de El Confidencial Digital desde 2003, onde asinou ata 2012 unha columna de actualidade cun estilo satírico, 'Haciendo Amigos', que desde entón pasou a publicar en Gaceta.es. Tamén colaborou con artigos de opinión co título 'Esta es mi última página', na revista revista Época que despois pasaron ao diario La Gaceta, para o que tamén escribe a sección 'La Parrilla', onde comenta con humor as fotos da actualidade. Colaborou tamén en varios programas radiofónicos, na cadea SER, City FM Radio ou Radio Intereconomía. Ademais, é responsable da axencia de noticias Dicax Press, especializada en cultura, música, lecer e sociedade.

No ano 2006 publicou o seu primeiro libro, a colección de artigos Haciendo Amigos[1] prologado por El Pulpo de Cadena 100. En 2007 apareceu a súa primeira novela, Ganador Perdido[2], as aventuras dunha ex-estrela do rock. E en 2008 asinou un libro de humor e actualidade política titulado ¡Un ministro en mi nevera![3]. Xa en marzo de 2012 editou Yo maté a un gurú de Internet, un ensaio humorístico. No cabo dese anos saíu do prelo 'Los Clones, un libro muy serio', unha biografía do dúo humorístico Los Clones.

Foi guionista e copresentador do programa de humor 'No me lo Quiero creer' de Intereconomía TV[4], e participa habitualmente de debates como Dando Caña ou El Gato al Agua. Foi director, entre 2013 e 2014, do fotoperiódico The Objective. Desde o 3 de novembro de 2014 publica no diario La Región[5] a súa páxina "Haciendo amigos".

En abril de 2015 publica o seu sexto libro, Aprende a cocinar lo suficientemente mal como para que otro lo haga por ti.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Haciendo Amigos (2006) Editorial Popes80
  • Ganador Perdido (2007) Editorial Dyal
  • ¡Un ministro en mi nevera! (2008) Editorial Dyal
  • Yo maté a un gurú de Internet (2012) Editorial Ciudadela
  • Los Clones. Un libro muy serio (2012) Editorial Ciudadela
  • Aprende a cocinar lo suficientemente mal como para que otro lo haga por ti (2015) Hércules de Ediciones

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]