Isolina Muíños Búa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isolina Muíños Búa
Nacementoxaneiro de 1886
 Pontevedra
Falecemento29 de setembro de 1944
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra e escritora
editar datos en Wikidata ]

Isolina Muíños Búa, nada en Pontevedra en xaneiro de 1886 e finada no mesmo concello o 29 de setembro de 1944, foi unha mestra e escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Antonio Muíños Malvar. Estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Despois foi auxiliar da Sección de Letras na Escola de Pontevedra. Nese centro impartiu diversas materias, Metodoloxía da Historia, Cuestións económicas e sociais e Nocións de Xeografía. Publicou Atlas de Geografía General y regional para ejercicios prácticos en las Escuelas Normales (1914). Colaborou en El Progreso dende 1917. En 1920 tiña en preparación outros traballos: Concepto del profesorado por concurso y por oposición e Opinión sobre el tratamiento en el aula del adulto y del niño.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Atlas de Geografía general y regional para ejercicios prácticos en las Escuelas Normales, 1914.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Cándido Barros Martínez e foi nai de Josefa Barros Muíños. O seu irmán Eduardo Muíños Búa foi fusilado polos franquistas en 1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]