Cándido Barros Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cándido Barros Martínez
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento23 de abril de 1949
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
CónxuxeIsolina Muíños Búa
IrmánsBenigno Barros Martínez
editar datos en Wikidata ]

Cándido Barros Martínez, nado en Pontevedra e finado na mesma cidade o 23 de abril de 1949, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Copropietario do periódico El Progreso co seu irmán Benigno. Secretario da Cámara de Comercio de Pontevedra. Foi correspondente de El Sol en Pontevedra. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou con Fernando Lago Búa e co médico de prisións Francisco Bustelo Bustelo na organización dunha trama para extorsionar os presos do campo de concentración da illa de San Simón facéndolles crer que estaban nas listas para “pasear” e que se lles entregaban unha cantidade de diñeiro, influirían para evitalo. Denunciados polo médico vigués José Ramón de Castro Rodríguez, foron detidos o 14 de novembro de 1936, xulgados en consello de guerra o 21 de decembro, e executados en xaneiro de 1937,[1] aínda que finalmente Cándido foi absolto.[2] Finou en Pontevedra o 23 de abril de 1949.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Isolina Muíños Búa e foi pai de de Emilia, Josefa, Fernando, Olga, Jaime e Julio Barros Muíños (que emigrou a Venezuela).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Míguez Macho (2013), p. 67
  2. El Pueblo Gallego, 25-12-1936, p. 2.
  3. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 24-4-1949, p. 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Míguez Macho, Antonio (2013). "Perpetradores y gente corriente: la mirada del otro". En Rodríguez Barreira, Óscar. El Franquismo desde los márgenes.: Campesinos, mujeres, delatores, menores. Espai / Temps nº 62 (en castelán). Lleida: Edicions de la Universitat de Lleida / Editorial Universidad de Almería. pp. 57–76. ISBN 978-84-8409-622-1. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]