Isabela
| Epónimo | Isabel I de Castela e Christopher Monck | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| Estado | Ecuador | |||
| Provincia | Galápagos | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 3.000 | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 4.711 km² | |||
| Medición | 83 ( | |||
| Bañado por | océano Pacífico | |||
| Altitude | 26 m | |||
| Punto máis alto | Volcán Wolf (1.707 m) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
Isabela é a maior illa do arquipélago das Galápagos, administrada por Ecuador. Ten unha área de 4.588 km² e é a maior illa das Galápagos.
O seu nome vén da raíña Isabel I que patrocinou a viaxe de Cristovo Colón no que descubriu o Novo Mundo. O seu punto máis elevado é o volcán do lobo cunha altura de 1.707 m. A forma da illa é o produto da fusión de varios grandes volcáns, con case 2.000 m de altitude, nunha única illa.
Na illa pódense observar as tartarugas do arquipélago. É rica en biodiversidade: preto da costa vense gran variedade de aves mariñas, como pingüíns, petreis, corvos mariños, falcóns das Galápagos, pombas das Galápagos, pelicanos, iguanas mariñas, tartarugas, leóns mariños e caranguexos. Nas vertentes e caldeiras dos volcáns de Isabela hai aínda vexetación moi interesante.
Isabela tamén é un cantón do Ecuador cuxa capital é a localidade de Puerto Villamil, a maior da illa e a terceira maior do arquipélago, situada na punta sueste da illa.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabela |
