Isabella d'Este

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Isabel d'Este»)
Isabella d'Este
Nacemento18 de maio de 1474
Lugar de nacementoFerrara
Falecemento13 de febreiro de 1539
Lugar de falecementoMantua
Soterradachurch Santa Paola
Ocupaciónsalonnière e coleccionista de arte
PaiHércules I d'Este
NaiLeonor de Nápoles, Duquesa de Ferrara
CónxuxeFrancisco II Gonzaga
FillosFrederico II Gonzaga, Leonor Gonzaga, Duquesa de Urbino, Ercole Gonzaga, Ferrante I Gonzaga, Ippolita Gonzaga, Livia (Paola) Gonzaga e Fernando I Gonzaga, Conte di Guastalla, Duca di Ariano
IrmánsBeatriz d'Este, Afonso I d'Este, Ferrante d'Este, Giulio d'Este, Sigismundo d'Este, Ippolito d'Este e Lucrezia d'Este
Na rede
WikiTree: D'Este-27
editar datos en Wikidata ]

Isabella d'Este, nada en Ferrara o 19 de maio de 1474 e finada en Mantua o 13 de febreiro de 1539, foi marquesa de Mantua, é unha das mulleres líderes do renacemento italiano como importante figura cultural e política. Foi mecenas das artes, ademais de influír na moda polo seu innovador estilo de vestir, que foi copiado por mulleres de toda Italia e da corte francesa.

Actuou como rexente de Mantua durante a ausencia do seu marido, Francesco II Gonzaga, Marqués de Mantua, e a minoría de idade do seu fillo, Federico. En 1500 reuniuse co rei Lois XII de Francia en Milán nunha misión diplomática para persuadilo de que non enviase tropas contra Mantua.

Foi unha prolífica escritora de cartas e mantivo unha extensa correspondencia coa súa cuñada Elisabetta Gonzaga. Lucrezia Borgia foi outra das súas cuñadas; posteriormente converteuse na amante do marido de Isabella. Debido á gran cantidade de correspondencia que se conserva entre Isabella e a súa familia e amigos, a súa vida está enormemente ben documentada.[1] Naceu o martes 19 de maio de 1474 ás nove da noite[2][3] en Ferrara, filla de Ercole I d'Este, Duque de Ferrara, e de Leonor de Nápoles.[4] Leonor era a filla de Fernando I, rei aragonés de Nápoles e de Isabella de Clermont.[5]

Un ano máis tarde, o 29 de xuño de 1475, naceu a súa irmá Beatrice, e en 1476 e 1477 dous irmáns, Alfonso e Ferrante. En 1479 e 1480 naceron outros dous irmásn, Ippolito e Sigismondo. De todos os irmáns, Isabella estaba considerada como a favorita.[6] O ano que naceu Ferrante, Isabella viaxou a Nápoles coa súa nai. Cando a nai volveu a Ferrara, Isabella acompañouna, mentres que os demais nenos permaneceron co seu avó durante oito anos. Durante esta viaxe, Isabella comezou a adquirir a arte da diplomacia.

Foi descrita como fisicamente atractiva, aínda que un pouco gordecha; non obstante, posuía tamén "ollos vivaces" e era "de graza animada".[7]

Isabella d'Este creceu nunha familia culta na cidade estado de Ferrara. Recibiu unha boa educación clásica e de nena coñeceu moitos estudosos e artistas humanistas.

Fillos[editar | editar a fonte]

Isabella e Francesco tiveron oito fillos:[8]

Legado[editar | editar a fonte]

Durante a súa vida e trala súa morte, poetas, papas e homes de estado eloxiaron a Isabella. O papa León X convidouna a que o tratase "con tanta cordialidade como faría cun irmán".[1] O secretario do papa Pietro Bembo describiuna como "unha das máis sabias e afortunadas mulleres", mentres que o poeta Ariosto a definiu como a "liberal e magnánima Isabella"[9] e o escritor Matteo Bandello describiuna como "suprema entre as mulleres".[10] O diplomático Niccolò da Correggio chegou aínda máis lonxe cando a chamou "Primeira Dama do mundo".[10]

Nos medios[editar | editar a fonte]

A obra de arte The Dinner Party inclúe un lugar para Isabella d'Este.[11]

Isabella d'Este foi interpretada pola actriz belga Alexandra Oppo na serie de televisión Borgia (2011–2014).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Marek, p.xiv
  2. Marek, p.12. A nai de Isabella escribiu unha carte á súa amiga Barbara Gonzaga describindo os detalles do seu nacemento.
  3. No século XV en Italia o día comezaba ao anoitecer en lugar de ás doce da noite. Polo tanto o nacemento de Isabella tivo lugar o 19 de maio a segunda hora, o que equivale ás nove horas da noite do 18 de maio.
  4. Julia Mary Cartwright Ady, Isabella d'Este, marchioness of Mantua, 1474–1539: a study of the renaissance, Volume 1, 1907
  5. Marek, p.12
  6. Gardener, Edmund (1904). Dukes & Poets in Ferrara. Londres: Archibald Constable & Co. LTD. p. 238. 
  7. Marek, p.16
  8. Marek, Miroslav. "Complete Genealogy of the House of Gonzaga". Genealogy.EU. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2008. Consultado o 11 de xaneiro de 2020. Modelo:Self-published source
  9. Marek, George R. (1976). The Bed and the Throne: The Life of Isabella d'Este. Nova York: Harper and Row Publishers.p.ix ISBN 978-0-06-012810-4
  10. 10,0 10,1 Marek, p.ix
  11. Place Settings. Brooklyn Museum. Consultado o 6 de agosto de 2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]