Isabel Seca Vijande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isabel Seca Vijande
Nacemento1982
 A Pontenova
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Isabel Seca Vijande, nada na Pontenova o 25 de setembro de 1982 é unha enxeñeira química, científica, divulgadora científica e activista social galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Titulada en Enxeñaría Química pola Universidade de Santiago de Compostela, onde publicou artigos sobre o uso de biofilmes para o procesado de augas de refugallo[1] e o funcionamento dos reactores anamox. Desenvolveu tamén investigacións sobre o aproveitamento dos refugallos da industria alimentar na Universidade de Coimbra.

Desde 2015 escribe artigos de divulgación científica no portal Gciencia[2], e no Portal Galego da Língua[3], entre outros medios.

Colaborou coa asociación Verdegaia en cuestións de defensa ambiental. Foi unha das fundadoras da Semente, Escolas de Ensino Galego.[4][5] Foi unha das iniciadoras do movemento de autodefensa feminista en Santiago de Compostela.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Seca, I.; Torres, R.; Val del Río, A.; Mosquera-Corral, A.; Campos, J. L.; Méndez, R. (2011). "Application of biofilm reactors to improve ammonia oxidation in low nitrogen loaded wastewater". Water Science and Technology: A Journal of the International Association on Water Pollution Research 63 (9): 1880–1886. ISSN 0273-1223. PMID 21902026. 
  2. "Isabel Seca Vijande, autor en GCiencia". GCiencia. Consultado o 2019-04-19. 
  3. https://pgl.gal/author/colabora_isabel_seca/
  4. "Un ano de escola de base en galego". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-10-14. 
  5. [youtu.be/f0nwV-yx8BQ?t=109 A semente que está a agromar] |url= incorrecto (Axuda). Escena en Minuto 1:49. 
  6. "Compostela Decide | Orzamentos Participativos | Aulas de Autodefensa para Mulleres". Compostela Decide.