Isabel Orbe
Isabel Orbe | |
---|---|
Nacemento | 1945 |
Lugar de nacemento | Vitoria |
Falecemento | 1995 |
Lugar de falecemento | Vitoria |
Nacionalidade | España |
Ocupación | psiquiatra e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Isabel Orbe Garay, nada en Vitoria en 1945 e finada ibídem en 1995, foi unha psiquiatra vasca.
Realizou a súa especialidade de Psiquiatría na Clínica López Ibor de Madrid.[1] Foi unha pioneira na investigación e desenvolvemento da integración das persoas con síndrome de Down. En Xenebra traballou estreitamente co Dr. Ajuriaguerra, tamén vasco, especialista en Neuroloxía e Psiquiatría Infantil.
De regreso a España foi a Xefa de Psiquiatría Infantil do Centro para a diagnose e orientación de nenos e adultos con discapacidade intelectual, ADOZ.
Na década dos 90 do século XX foi deputada no Parlamento Vasco polo Partido Nacionalista Vasco, aínda que máis en relación co seu interese profesional por traballar a prol dos discapacitados que polo político.