Isabel Moctezuma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isabel Moctezuma
Nacemento1509
 Tenochtitlán
Falecemento9 de decembro de 1550
Ocupaciónpolítica e slaveholder
PaiMoctezuma
NaiTeotlalco
CónxuxeJuan Cano de Saavedra, Cuitláhuac e Cuauhtémoc
FillosLeonor Cortés Moctezuma
IrmánsChimalpopoca, Tlaltecatzin e María Xipaguazin Moctezuma
editar datos en Wikidata ]

Tecuixpo Ixtlaxóchitl, nada arredor de 1509 e finada en 1550, foi a filla do huey tlatoani Moctezuma Xocoyotzin. Foi bautizada como Isabel Moctezuma.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A caída de México-Tenochtitlán[editar | editar a fonte]

Moctezuma tivo dezanove fillos, sendo Chimalpopoca o seu favorito. A piques de morrer, o huey tlatoani encargou a Hernán Cortés que coidase del.[1] Non obstante, o principal herdeiro morreu durante os acontecementos da Noite Triste. Isabel e Pedro foron os descendentes do huey tlatoani que sobreviviron.

Primeiros matrimonios con mexicas[editar | editar a fonte]

Xenealoxía de Tecuichpoch.

Sendo aínda unha nena, e debido á súa ascendencia aristócrata Isabel Moctezuma foi unida en matrimonio simbólico co seu tío Cuitláhuac, sucesor do huey tlatoani, pero este morreu de varíola en 1520.[2] Pouco despois, Isabel foi casada co seguinte sucesor, Cuauhtémoc, quen foi vencido polos conquistadores españois o 13 de agosto de 1521.[3]

Matrimonios con españois[editar | editar a fonte]

Ao rematar a conquista de México, Cuauhtémoc foi feito prisioneiro, aínda que se respectou a súa posición como tlatoani. O 28 de febreiro de 1525, Cuauhtémoc foi sentenciado a morte e executado na forca, pois Hernán Cortés sospeitou dunha posible rebelión dos mexicas durante a expedición a Hibueras.[4] Cortés decidiu casar a Tecuichpo con Alonso de Grao, mais desta unión non houbo descendencia. Alonso de Grao foi acusado e investigado por malos tratos e crueldade cara aos indíxenas e morreu en 1527.[5]

Pedro Gallego de Andrade foi o cuarto esposo de Isabel Moctezuma. A súa familia radicou en Barragán del Valle del Maízo, San Luis Potosí. O matrimonio durou pouco tempo, pois Gallego de Andrade morreu en 1530.[5] A pesar diso tivo descendencia, un fillo de nome Juan de Dios de Andrade Moctezuma (1529-1577) do cal aínda existe unha liña de descendentes.

O quinto matrimonio celebrouse con Juan Cano de Saavedra, con quen tivo cinco fillos, dos que as súas dúas fillas, chamadas Isabel e Catalina, foron monxas fundadoras no convento da Concepción na Cidade de México.[6]

A filla de Hernán Cortés[editar | editar a fonte]

Pouco despois do matrimonio de Isabel Moctezuma con Gallego Andrade, esta deu a luz unha filla de Hernán Cortés. Isabel rexeitou esta nena, que se chamou Leonor Cortés Moctezuma. Baixo a protección indirecta de Cortés, a descendente casou con Juan de Tolosa.[7] Do matrimonio naceron dúas fillas, a primeira de nome Leonor que casou con Juan de Oñate e a segunda de nome Isabel que casou con Cristóbal de Zaldívar.[8]

Encomendas[editar | editar a fonte]

Debido á súa liñaxe, Hernán Cortés outorgoulle a encomenda de Tlacopan, privilexio que foi asinado o 27 de xuño de 1526, cando estaba casada con Alonso de Grao.

Contra finais do século XVI, dita encomenda era considerada a máis grande do Val de Anáhuac. Os descendentes de Isabel e do seu medio irmán coñecido como Pedro “o Príncipe” foron recoñecidos pola coroa española, e outorgóuselles o título de Condes de Miravalle. En abril de 1550 morreu Isabel Moctezuma, o seu último esposo sobreviviu ata 1572.

Descendencia[editar | editar a fonte]

A liñaxe dos Miravalle comezou co fillo de Isabel, Juan de Andrade. Os seus fillos Pedro e Gonzalo Cano, convertéronse en cidadáns destacados da cidade de México. O seu fillo Juan Cano Moctezuma casou cunha importante familia de Cáceres, onde aínda se conserva o palacio dos Toledo-Moctezuma.[9]

A liñaxe mestiza que se orixinou con Isabel e a súa irmá ligouse coa nobreza española. Como a súa nobreza nativa foi considerada realmente nobre polos españois, o sangue azteca foi respectada e foi considerada a oportunidade da mestura coa liñaxe. Os descendentes de Isabel e Leonor axiña casaron coas máis importantes familias de Estremadura, unha rexión rica na España da época. Estímase que hai uns 2000 descendentes de Isabel só en España.[10] O condado de Miravalle, o condade de La Enrejada, o ducado de Ahumada, o ducado de Abrantes e o ducado de Moctezuma proceden directamente de Isabel e a súa irmá.

Importancia[editar | editar a fonte]

Aínda que se sabe pouco de Isabel á parte duns poucos feitos da súa vida, parece que foi máis que un simple peón nas mans da realeza azteca e dos conquistadores españoil. O seu testamento revela que foi unha muller forte, decisiva e xenerosa. Fixo con éxito a transición de princesa azteca a nobre española. Os seus descendentes foron o exemplo máis importante de mestizaxe da súa época.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vázquez de Tapia, Bernardino (1565) Relación de méritos y servicios Madrid, ed. Dastin, ISBN 84-492-0367-8 en “La conquista de Tenochtitlan” de Germán Vázquez Chamorro, «...y el moría presto; que pedía por merced al marqués favoreciese y mirase por su hijo Chimalpopoca, que aquél era su heredero y el que había de ser señor, y le suplicaba que los servicios y buenas obras que le había hecho, se las pagase haciendo bien y favoreciendo a su hijo. El marqués se lo prometió...» texto en la web arteHistoria, Junta de Castilla y León, consultado el 16 de abril de 2009.
  2. Thomas, op.cit. p.494
  3. AGUIRRE, Eugenio (2008) Isabel Moctezuma ed. Planeta ISBN 97-037-0729-7 [Ligazón morta] consultado 16 de abril de 2009.
  4. LÓPEZ de Cogolludo, Diego (1688) Historia de Yucatán (2006) Madrid, ed.Linkgua ISBN 84-9816-640-3 texto en la web Foundation for the advancement of mesoamerican studies Inc., consultado el 16 de abril de 2009.
  5. 5,0 5,1 Thomas, op.cit. p.650
  6. Garritz Ruiz, Amaya (1986) Guía del archivo Juan Barragán, p.XXI ed. Universidad Nacional Autónoma de México, ISBN 968-837-854-2 fragmento en la web consultado 16 de abril de 2009.
  7. Powell, Philip W. op.cit. cap.I, p.27-18
  8. Thomas, op.cit. p.688
  9. Sagaon Infante, Raquel. Testamento de Isabel Moctezuma (PDF) (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2010. 
  10. Carrillo de Albornoz, J. (2004). Moctezuma. Pozuelo de Alarcón (Madrid): Espasa Calpe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • THOMAS, Hugh (1993) La conquista de México: el encuentro de dos mundos, el choque de dos imperios (2000) tradución Víctor Alba e C. Boune, México, ed.Planeta ISBN 970-690-163-9
  • POWELL, Philip W. (1975) La guerra chichimeca ("Soldiers, Indians & Silver"); México, ed.Fondo de Cultura Económica, ISBN 968-16-1981-1

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]