Moctezuma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moctezuma

Moctezuma II, tamén chamado Motecuhzoma Xocoyotcin, nado en 1466 e finado en 1520, foi un gobernante (tlatoani) azteca. O seu mandato comezou en 1502 e rematou en 1520.

Nome[editar | editar a fonte]

Motecuhzoma é o nome orixinal na lingua náhuatl, e significa "el, que se torna gobernante pola súa cólera". Vén da xuntanza de mo = terceira persoa (indicando pose); tecuhtli, "señor"; e zoma, "encolerizado" ou "de ollar severo". O uso de "segundo" é para distinguilo doutro Moctezuma (chamado Moctezuma I). Outra forma de diferencialos é que "Moctezuma I" se denominaba Motecuhzoma Illuicamina (en nahuátl = "solitario que lanza unha frecha ao ceo"), mentres que "Moctezuma II" se chamaba Motecuhzoma Xocoyotcin (Xocoyotcin significa "o honrado").

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Moctezuma II, herdeiro de Aoitzotl, era o gobernante da cidade de Tenochtitlán. A súa personalidade era máis a dun literato (en nahaitl, tlatimine) cá dun guerreiro. Era un sacerdote e xefe da Calmecac, a escola das clases superiores.

Palacio de Moctezuma

En 1502, despois de asumir o poder, el destituíu a maioría das autoridades e substituíunas por exalumnos seus. Para se distanciar das persoas comúns creou un elaborado ritual, que intriga os estudosos. Creou un templo especial, dedicado aos deuses das cidades conquistadas, no interior do templo de Hoitcilopochtli. Durante o seu reinado aumentou o poder da cidade de Tenochtitlán para, posteriormente, dominar as cidades irmás de Texcoco e Tlatelolco.

Contacto cos españois[editar | editar a fonte]

Di unha lenda que xurdiron oito sinais, nos dez anos anteriores á chegada dos conquistadores españois, que indicabanque o imperio azteca entraría en colapso:

  1. Un cometa apareceu no ceo durante o día.
  2. Unha columna de lume (posibelmente o cometa) apareceu no ceo nocturno.
  3. O templo de Hoitcilopochtli foi destruído polo lume.
  4. Un raio atinxiu o templo de Tzonmolco.
  5. Tenochtitlan sufriu unha inundación.
  6. Víronse estrañas persoas con varias cabezas e un só corpo camiñando na cidade.
  7. Viuse unha muller laiándose dos aztecas.
  8. Capturouse un estraño paxaro e, cando Moctezuma mirou os seus ollos, que funcionaban como espellos, viu estraños homes chegando á costa.

Na primavera de 1519, recibiu as primeiras noticias de estraños chegando á costa do seu imperio. Moctezuma enviou un embaixador con dúas roupas, unha do deus Tlaloc e outra do deus Quetzalcoatl. Cada un destes deuses aztecas tiña os seus atributos: Tlaloc tiña unha máscara que facía parecer que usase lentes; xa Quezalcoatl tiña unha máscara cunha barba. O embaixador azteca, ao ver o español Hernán Cortés, pensou que o conquistador tiña os atributos de Quezalcoatl e vestiuno como o deus. En seguida, informou a Moctezuma ao respecto. Cortés decidiu marchar ata Tenochtitlán. Moctezuma tentou evitar a súa aproximación mandando máis presentes; porén a miraxe do ouro era irresistíbel para os españois. Moctezuma tamén enviou meigos, sacerdotes e mesmo un dos seus embaixadores, Tcihuacpopoca, que finxiu ser o emperador. Moctezuma enviou aínda máis presentes cando Cortés se aproximou de Tenochtitlán.

O 8 de novembro de 1519, Moctezuma encontrouse con Hernán Cortés, a quen consideraba ser o deus Quetzalcoatl. Cando Cortés chegou en Tenochtitlán, Moctezuma regaloulle flores do seu propio xardín, que era a máis alta honra que podería ofrecer. Cortés ordenoulle que suspendese todos os sacrificios humanos: Moctezuma concordou; o sangue do templo foi lavado e as imaxes dos deuses aztecas foron substituídas por iconas do cristianismo. Moctezuma mesmo concordou en ser bautizado e declarouse un súbdito do rei Carlos I de España. Moctezuma recebiu a Cortés no palacio de Axayacatl con todos os seus homes e 3.000 indíxenas aliados.

Xusta indignación[editar | editar a fonte]

Relátase que despois de se someter aos españois, Montezuma estudaba coidadosamente a relixión cristiá posibelmente co fin de incluír a súa figura maior, Cristo, no panteón de deuses que adoraba.

Ao ser informado sobre a cerimonia da eucaristía explotou indignado diante de Cortés :

Mais quen es ti, vil criatura humana coma min, que te permites comer a carne de Deus e beber o seu sangue ?!

Pódese comprender a indignación do emperador xa que, ao contrario dos cristiáns, os aztecas ofrecían o seu sangue e o seu corazón aos seus deuses, tomando Cortés como un monstro que se permitía devorar o seu deus.

Aínda que houbese moita boa vontade por parte de Montezuma para aceptar a relixión que se lle impuña, había unha enorme dificultade para a comprender, aínda que, como home moi relixioso, desexaba sinceramente convencerse. Noutra ocasión, cóntase, tería verbalizado a seguinte confusión :

Se os homes da súa tribo sacrificaron a Cristo para o seu deus, por que o adoran, vítima sacrificial, e non ao propio deus?

Despois da morte de Moctezuma[editar | editar a fonte]

Os sacerdotes de Montezuma previron a chegada de Cortés, en 1519, como a volta do lendario deus-rei Quetzalcóatl, vido do leste. Isto causou unha certa dúbida e indecisión pola súa parte, explorada por Cortés, que o fixo refén e forzouno a negociar co seu pobo. Debido á a súa proposta de instituír o pagamento de tributos a España, foi deposto en 1521 e atacado polos españois. Foi ferido e morreu tres días despois. Foi sucedido por Cuauhtemoc.

Coitláhuac morreu pouco tempo despois de varíola e foi substituído por un adolecente, Cuauhtémoc. No ano seguinte, o imperio azteca xa sucumbira totalmente ao control español. Durante o período da conquista, a filla de Moctezuma, Techichpotcin, resultou a herdeira da riqueza do rei e recibiu o nome cristán de "Isabel". Posteriormente casou con varios españois.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]