Chimalpopoca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chimalpopoca
Tenochtitlan Glyph ZP.svg
3.° Huey Tlatoani
Chimalpopoca.jpg
Chimalpopoca

Reinado1415-1427
Nacemento1397
Tenochtitlán, Imperio Azteca
Falecemento1427
Tenochtitlán, Imperio Azteca
PredecesorHuitzilihuitl
SucesorItzcóatl
ProxenitoresHuitzilihuitl
Ayauhcihuatl

Chimalpopoca (antropónimo náhuatl que significa "escudo fumegante"; de chimalli, "escudo", e popoca, "fumegar"), nado en 1397 e finado en 1427, foi o terceiro huey tlatoani da dinastía gobernante en Tenochtitlán, sucesor de Huitzilihuitl en 1415.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chimalpopoca era fillo do emperador Huitzilihuitl e a raíña Ayauhcihuatl. Como huey tlatoani de Tenochtitlán, era vasalo -e neto, por parte de nai- de Tezozómoc, tepanecateuctli (señor dos tepanecas) de Azcapotzalco, e baixo o seu dominio participou nas conquistas tepanecas, entre elas a de Chalco. Á morte de Tezozómoc, sucedeulle o seu fillo Maxtla no trono de Azcapotzalco. Foi entón cando estalou unha revolta interna no Imperio Tepaneca, pois unha serie de señores subordinados erguéronse contra Azcapotzalco e os seus acólitos, dando morte a Chimalpopoca entre outros señores tepanecas, e dando un xiro ó centro hexemónico do imperio, que de Azcapotzalco pasará a Tenochtitlán. O principal líder daqueles rebeldes era Itzcóatl, da dinastía real tenochca (medio irmán de Huitzilihuitl), que sucedeu a Chimalpopoca (a súa vítima) en Tenochtitlán. Daba comezo así o Imperio Mexica ou Tripla Alianza.

Durante o seu reinado construíuse o acueduto de madeira que carrexaba a auga potable dende os mananciais de Chapultepec até Tenochtitlán. Tamén construíu unha estrada con bordos e terrapléns que conectaban a cidade con Tlacopan, tiña cortaduras e pontes de madeira que eran retirados durante a noite.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]