Isabel Godoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsabel Godoy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Isabel Selena Godoy Monardez Editar o valor em Wikidata
3 de decembro de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Copiapó, Chile Editar o valor em Wikidata
Membro da Convención Constitucional chilena
4 de xullo de 2021 – 4 de xullo de 2022 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncontable , activista social , política , líder dunha organización Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: Issa.Gm Twitter: isabelgodoym Instagram: isabel_godoym Editar o valor em Wikidata

Isabel Gloria Godoy Monardez, nada en Copiapó o 3 de decembro de 1967, é unha contable, activista e política chilena pertencente ao pobo orixinario colla. É dirixente e activista polos dereitos deste pobo. En 2021, postulouse como candidata á Convención Constitucional, por medio do escano reservado de pobos orixinarios destinado ao pobo colla; gañou as eleccións de maio, converténdose en membro da convención en xullo de 2021.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Isabel Godoy naceu en 1967. Foi presa política durante a ditadura militar do xeneral Augusto Pinochet.[1][2]

Ten estudos de contable,[3] e durante 2021 é estudante de traballo social.[4]

Carreira pública e política[editar | editar a fonte]

É membro do Consello Nacional do Pobo Colla.[3] Tamén é presidenta da comunidade Indíxena Kolla Flora.[5]

Convencional Constituínte[editar | editar a fonte]

Durante as eleccións de convencionais constituínte de 2021, Isabel Godoy postulouse por medio dos escanos reservados de pobos orixinarios destinado ao pobo colla. O 25 de maio saíu elixida como constituínte, onde obtivo 631 votos (29,53%) dos 2.137 electores escrutados deste pobo. A elección desenvolveuse entre os candidatos con residencia na rexión de Atacama.[5]

Durante a semana previa á inauguración da convención, foi candidata para presidir este órgano;[6] o día da inauguración, Isabel Godoy obtivo 35 de 155 votos para presidir á convención.[7] Porén, para ser presidente requírense 78 votos. Durante a segunda votación, saíu elixida a constituínte representante do pobo mapuche Elisa Loncón con 96 votos.[8] Posteriormente, produto da ampliación da mesa directiva con 7 novas vicepresidencias, obtivo unha das devanditas cotas o 28 de xullo.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Mostrador (3 xullo de 2021). "Constituyente del Pueblo Colla es propuesta para la presidencia de la Convención Constitucional en Chile". El Mostrador. Consultado o 4 xullo de 2021. 
  2. CNN Chile (5 de xullo de 2021). "Isabel Godoy relata incidentes afuera de ex Congreso: “Me empujaron, me tironearon, un carabinero me pegó un codazo”". CNN Chile (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Isabel Selena Godoy Monárdez - Candidata constituyente". interactivo.latercera.com (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  4. Ferrada, Rodrigo (25 de maio de 2021). "Entrevista a Isabel Godoy, constituyente electa por el pueblo Colla: “No nos oponemos al desarrollo siempre que sea sustentable y para todos” – Diario Chañarcillo". Diario Chañarcillo (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 Anales de la República. "Isabel Godoy Monardez". Anales de la República. Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  6. Corvalán, Francisco (3 de xullo de 2021). "Isabel Godoy, candidata Colla a presidir la Convención: «El pueblo Mapuche nos considera ‘los hermanos chicos’»". El Desconcierto (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  7. @T13 (4 de xullo de 2021). "Carmen Gloria Valladares da unos minutos a los constituyentes antes de volver a votar por presidente. Negociaciones son clave. Politzer: 20 Jürgensen: 36 Godoy: 35 Loncon: 58 EN VIVO Televisión #MesaCentral » T13.cl/en-vivo" (Chío) – vía Twitter. 
  8. @usach (4 de xullo de 2021). "En un día histórico para la democracia de nuestro país, felicitamos a la académica y lingüista mapuche @usach, @elisaloncon, tras ser nombrada como Presidenta de la #ConvencionConstituyente Urna con papeleta. Sin duda, un gran orgullo para toda la comunidad usachina y de todo el país Signo de manos aplaudiendo" (Chío) – vía Twitter. 
  9. @lanetacl (28 de xullo de 2021). "*Rodrigo Rojas D13 - Lista del Pueblo *Isabel Godoy - Colla *Elisa Giustinianovich D28 - Mov. Sociales *Rodrigo Álvarez D28 - UDI *Tiare Aguilera - Rapa Nui *Pedro Muñoz D24 - Colectivo Socialista / PS *Lorena Céspedes D23 - Ind. No Neutrales" (Chío) – vía Twitter. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]