Miguel VI Estratiótico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel VI Estratiótico
Tetarteron de ouro de Miguel VI Estratiótico.
Nacementoséculo X
Lugar de nacementoImperio Bizantino
Falecemento1059
Lugar de falecementoConstantinopla
NacionalidadeImperio Bizantino
RelixiónCristianismo ortodoxo
Ocupacióngobernante
Na rede
WikiTree: Bringas-9
editar datos en Wikidata ]

Miguel VI Stratioticos foi un emperador bizantino (1056 - 1057).

O seu nome era Miguel Bringas e era descendente colateral de Xosé Bringas, ministro de Romano II. O seu sobrenome procede do cargo que desempeñaba na burocracia bizantina, pois estaba encargado da administración militar. Foi nomeado herdeiro pola emperatriz Teodora pouco antes da súa morte. No momento da súa ascensión ao trono, Miguel era xa un ancián.

Durante o seu breve mandato, favoreceu a burocracia en detrimento da aristocracia militar. Tras desairar aos principais xefes militares do Imperio na primavera de 1057, produciuse unha conspiración para derrocalo, e o 8 de xuño de 1057 foi proclamado emperador o comandante en xefe do exército bizantino, Isaac Comneno. O exército rebelde derrotou aos partidarios de Miguel VI o 20 de agosto dese mesmo ano, entre as cidades de Nicea e Nicomedia. O emperador enviou unha embaixada a Isaac Comneno, encabezada polo historiador Miguel Psellos, propoñéndolle a coroación como césar e futuro sucesor. Aínda que Isaac aceptou, o patriarca de Constantinopla Miguel Cerulario argallou un golpe de estado que depuxo a Miguel VI. O 1 de setembro, Isaac Comneno entrou triunfalmente en Constantinopla. A diferenza do que adoitaba ocorrer cos emperadores bizantinos depostos, Miguel non foi asasinado nin cegado, nin tivo que exiliarse. Continuou vivindo como cidadán particular, e morreu pouco despois.

Notas[editar | editar a fonte]

Imperio Bizantino

Segue a:
Teodora Porfiroxénita
Miguel VI Estratiótico
Precede a:
Isaac I Comneno