Irina Petrovna
Irina Petrovna | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de marzo de 1933 |
Lugar de nacemento | San Petersburgo |
Nacionalidade | Unión Soviética e Rusia |
Alma máter | MSU Faculty of Chemistry |
Ocupación | química, inventora e profesora universitaria |
Premios | Bandeira Vermella do Traballo, Honoured Worker of Higher Professional Education of the Russian Federation, Trabalhador honrado da ciência da Federação Russa, Mikhail Lomonosov Award, Prêmio Demidov e honorary doctor of the University of Alicante |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Irina Petrovna Beletskaya, nada en San Petersburgo o 10 de marzo de 1933, é unha química rusa, especialista en organometalicidade.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Graduouse na Universidade Estatal de Moscova en 1955. É coñecida polos seus traballos en mecanismos de reacción en hidrocarburos aromáticos, e en acidez e reactividade de carbanións, combina o seu estudo en química organometálica coas súas aplicacións, en particular a problemas de química orgánica.
Desenvolveu métodos de formación de ligazóns carbono-carbono usando catalizadores de paladio ou níquel, e traballado o tema en medios acuosos, así como contribuído ós comezos da química de organolantánidos.[1]
Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Alacant[2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Irina Petrovna Beletskaya, química". mujeresconciencia. Consultado o 11/03/2018.
- ↑ "Doctora Honoris Causa: Dra. Dª. Irina Beletskaya". Un. de Alicante. Arquivado dende o orixinal o 23/03/2019. Consultado o 11/03/2018.