Iria Figueroa
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1996 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, política ![]() |
![]() ![]() |
Iria Figueroa Torres, nada en Pontevedra en 1996, é unha xornalista e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Grao en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou no Diario de Pontevedra. Militou en Galiza Nova e en 2016 foi elixida para a Dirección Nacional. Membro da UMG dende 2016, pertenceu ao seu Secretariado Nacional. Participou na creación da organización estudantil Erguer en 2016, da que foi responsable de organización.[1] Despois pasou a militar en Anova-Irmandade Nacionalista e foi a canditata número dous por Pontevedra de Galicia en Común-Anova–Mareas nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha en Terra e Tempo". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2020. Consultado o 06 de xullo de 2020.
- ↑ Entrevista en Diario de Pontevedra, 6-7-2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigos en Nós