Iria Carreira Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iria Carreira Pazos
Nacemento1991
 Arzúa
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédica e política
editar datos en Wikidata ]

Iria Carreira Pazos, nada en Arzúa en 1991, é unha médica e política galega do BNG, deputada no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa como médica residente de Medicina Familiar e Comunitaria. Forma parte da dirección nacional de Galiza Nova e é responsábel da asemblea nacional LGBT. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi de número 7 da lista do Bloque Nacionalista Galego pola Circunscrición electoral da Coruña,[1] obtendo acta de deputada autonómica.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]