Irene Montero Díaz
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (53/54 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritora |
Irene Montero Díaz, tamén coñecida como Irene Montero, nada en Ferrol en 1970, é unha escritora e xornalista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago e fixo un mestrado de Medios de comunicación na Universidade da Coruña.[1]
Residente en Oleiros,[2] é xornalista de profesión, con máis de vinte anos de traballo na comunicación corporativa, despois de pasar por varios medios informativos. En 2021 escribe a súa primeira obra literaria, Lúa Nova (Xerais, 2022), coa que consegue gañar a oitava edición do Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.[3] A protagonista é Lúa Lóngora, de 34 anos e cega de nacemento, está inspirada nunha moza de 16 anos de Santa Cruz, de nome Natalia.[4]
Obra[editar | editar a fonte]
- Lúa nova (2022). Vigo: Xerais. 96 páxs. ISBN 978-84-1110-112-7.[5] ePub: ISBN 978-84-1110-107-3.
Premios[editar | editar a fonte]
- 2021: VIII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira, por Lúa nova.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Irene Montero Díaz". likedin.com. Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ Corral, Marta. "La ferrolana Irene Montero gana el premio de novela corta de Ribeira". Ferrol360 (en castelán). Consultado o 2022-08-24.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". xerais.gal. Consultado o 2022-08-24.
- ↑ "La periodista Irene Montero gana el VIII Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira". Diario de Arousa (en castelán). Consultado o 2022-08-24.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". xerais.gal. Consultado o 2022-08-24.