Ion Creangă
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1837 ![]() Humulești (Principado de Moldova) ![]() |
Morte | 31 de decembro de 1889 ![]() Iași (Reino de Romanía) ![]() |
Causa da morte | Crise epiléptica (pt) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Cemitério Eternitatea (pt) ![]() ![]() |
Relixión | Cristianismo ortodoxo ![]() |
Educación | Theological Seminary at Socola Monastery (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta, recompilador de contos fantásticos, escritor de literatura infantil, autobiógrafo, escritor de contos ![]() |
Partido político | Free and Independent Faction (en) ![]() político independente ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Anécdota, Literatura infantil, literatura erótica, fábula, Conto de fadas, poesia lírica (pt) ![]() ![]() ![]() |
Movemento | Realismo literario e Junimea (en) ![]() ![]() |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Popa Smantana, Ioan Vântură-Țară ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pedagogos e psicólogos do mundo, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ion Creangă, nado o 1 de marzo de 1837 en Humuleşti e finado o 31 de decembro de 1889 en Iaşi, foi un escritor romanés.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Creangă naceu nas faldras dos Cárpatos orientais, no norte do Principado de Moldova, era o primeiro de oito irmáns dunha familia labrega. Comezou a súa educación na súa localidade natal co crego local, estudou brevemente en Broşteni antes de volver a casa e matricularse na escola da veciña Târgu Neamţ. Despois dun ano no seminario de Fălticeni, Creangă marchou a Iaşi, a capital moldova, onde continuou a súa preparación para o sacerdocio no seminario teolóxico do mosteiro de Socola.
Diácono e profesor
[editar | editar a fonte]Creangă converteuse en diácono tras completar os seus estudos en Socola en 1858 e casar coa filla dun sacerdote en Iaşi. Continuou a súa educación en 1864, estudando maxisterio nunha escola preparatoria onde contou con Titu Maiorescu como profesor. Deu clases como profesor substituto e colaborou na escrita de libros de textos para primaria. En conflito cos seus superiores foi suspendido como diácono e como profesor, para o seu sustento abriu unha tenda de tabaco.
Últimos anos e carreira literaria
[editar | editar a fonte]
Coa axuda de Maiorescu, Creangă conseguiu a rehabilitación en 1874. Ó ano seguinte coñeceu a Mihai Eminescu, un poeta novo que entón traballaba como inspector de escola. Eminescu instou a Creangă a recoller as historias que frecuentemente contaba oralmente e a entrar na sociedade literaria Junimea. Entre 1875 e 1883, debido a problemas de saúde, Creangă escribiu a totalidade dos seus libros. Amintiri din copilărie, as súas memorias de infancia está considerada a súa obra mestra, outras historias famosas son Moş Ion Roată şi Unirea, Dănilă Prepeleac, Povestea porcului, Fata babei şi fata moşului e Ivan Turbincă. Retirouse do ensino en 1887 e morreu dous anos despois por un ataque de epilepsia.