Iolco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa con algunhas das principais cidades da antiga Tesalia. Iolco estaba situada ó norte do golfo Pelásgico (hoxe, Pagatésico)

A cidade de Iolco ou Iolcos estaba situada na rexión de Tesalia, na Grecia continental, ó norte do golfo Pagasético. Adoita identificarse cos restos micénicos achados en Dímini. A súa sona está relacionada co heroe Xasón.

Actualmente pertence ó concello de Volos.

Segundo a mitoloxía, Iolco foi fundada por Creteo [1]. O seu fillo Esón (ou Aesón), lexítimo herdeiro de Iolco, ou non chegou a reinar ou foi expulsado polo seu medio irmán Pelias [2], que usurpou o trono [3].

Un oráculo advertira a Pelias que se coidara dun home cunha soa sandalia. E este home foi Xasón, fillo de Esón, a quen Pelias ordenou traer o vélaro de ouro, esperando que morrese no intento, e así evitar que terminara intentando destronalo. Xasón e os seus Argonautas partiron desde Iolco e, grazas a Medea, coa que casou Xasón, puido conseguir o seu obxectivo e regresar con éxito. Á volta, soubo que Pelias asasinara a tódolos seus parentes e que se negaba a entregarlle o trono e intentaba matalo, pero Medea adiantouse e conseguiu que as fillas de Pelias o mataran, aínda que isto provocou que Xasón e Medea fosen expulsados de Iolco.

Foi Acasto, fillo de Pelias, quen se fixo co trono, ata que Xasón, xunto a Peleo e os Dioscuros, conquistaron e saquearon Iolco. Trala morte de Acasto, o trono recaeu sobre Tésalo, fillo de Xasón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 9, 11.
  2. Pelias era fillo de Poseidón e da muller de Creteo, Tiro. Xunto ó seu irmán Neleo, foi adoptado por Esón.
  3. Se ben outra versión di que Esón o nomeu rexente cando morreu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]