Interleucina 9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Interleucina 9
Identificadores
Símbolo IL-9 ; IL9
Entrez 3578
OMIM

146931

RefSeq NP_000581
UniProt P15248
Outros datos
Locus Cr. 5 :(135.23 – 135.23 Mb)

A interleucina 9 (IL-9 ou IL9) é unha proteína citocina (molécula de sinalización celular) pertencente ao grupo das interleucinas,[1] codificada nos humanos no xene IL9 do cromosoma 5.

Función[editar | editar a fonte]

Esta proteína é unha citocina producida polas células T axudantes CD4+, que actúa como regulador de varias células hemotopoéticas. Esta citocina estimula a proliferación celular e impide a apoptose. Estimula tamén o crecemento de mastocitos.[2] Funciona a través do receptor da interleucina 9 (IL9R), o cal activa diferentes transdutores de sinais e proteínas activadoras (STAT) e deste modo conecta esta citocina con varios procesos biolóxicos. O xene que codifica esta citocina foi identificado como un xene candidato asociado á asma. Os estudos xenéticos feitos en modelos de ratos da asma demostraron que esta citocina é un factor determinante na patoxénese da hiperrresposta bronquial.[1]

A interleucina 9 inhibe o crecemento do melanoma en ratos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Entrez Gene: IL9 interleukin 9". 
  2. Shigeyuki Matsuzawa, Kazuo Sakashita, Tatsuya Kinoshita, Susumu Ito, Tetsuji Yamashita e Kenichi Koike. IL-9 Enhances the Growth of Human Mast Cell Progenitors Under Stimulation with Stem Cell Factor. The Journal of Immunology. Abril 1, 2003 vol. 170 no. 7 3461-3467. doi: 10.4049/​jimmunol.170.7.3461
  3. Purwar R, Schlapbach C, Xiao S, Kang HS, Elyaman W, Jiang X, Jetten AM, Khoury SJ, Fuhlbrigge RC, Kuchroo VK, Clark RA, Kupper TS (July 2012). "Robust tumor immunity to melanoma mediated by interleukin-9-producing T cells". Nat. Med. 18 (8): 1248–53. PMC 3518666. PMID 22772464. doi:10.1038/nm.2856. Resumo divulgativomedicalxpress.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]