Interleucina 17A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Identificadores
Símbolo IL17A
Símbolos alt. IL17, CTLA8
Entrez 3605
HUGO 5981
OMIM

603149

RefSeq NP_002181
UniProt Q16552
Outros datos

A interleucina 17A (IL-17A ou IL17A) é unha proteína reguladora do tipo das citocinas que nos humanos etá codificada no xene IL17A do cromosoma 6.[1][2] Foi a primeira interleucina descuberta da familia da IL-17, polo que tamén se lle deu inicialmente o símbolo IL17, e en ratos CTLA8.

A proteína codificada por este xene é unha citocina proinflamatoria producida por células T activadas. Esta citocina regula a actividade do NF-kappaB e as proteína quinases activadas por mitóxeno. Esta citocina pode estimular a expresión de IL6 e da ciclooxixenase 2 (PTGS2/COX-2), e tamén potencia a produción de óxido nítrico (NO). Altos niveis desta citocina están asociados con varias doenzas inflamatorias crónicas como a artrite reumatoide, psoríase e esclerose múltiple.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rouvier E, Luciani MF, Mattei MG, Denizot F, Golstein P (Jul 1993). "CTLA-8, cloned from an activated T cell, bearing AU-rich messenger RNA instability sequences, and homologous to a herpesvirus saimiri gene". J Immunol 150 (12): 5445–56. PMID 8390535. 
  2. 2,0 2,1 "Entrez Gene: IL17A interleukin 17A". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Este artigo incorpora textos en dominio público da Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos.