Interkosmos 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interkosmos 4
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento14 de outubro de 1970, 12:29 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorKosmos 2I[2][5]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera e a atmosfera superior terrestre.[2]
Decaemento17 de xaneiro de 1971[1]
NSSDC ID1970-084A
Masa400 kg[6]

Interkosmos 4 (Интеркосмос 4 en ruso), tamén denominado DS-U3-IK Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 14 de outubro de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

Interkosmos 4 foi o segundo membro da serie de satélites DS-U3-IK e estaba adicado ó estudo da magnetosfera e a atmosfera superior terrestre. Foi deseñado para estudar os raios X do Sol e os seus efectos na atmosfera. Levaba a bordo un polarímetro e un espectroheliógrafo+ para raios X e un fotómetro ultravioleta para o rango das liñas Lyman alfa.[2]

Interkosmos 4 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países. Os instrumentos de a bordo, á parte de pola Unión Soviética, foron proporcionados pola República Democrática Alemá e pola República Socialista Checoslovaca. Na recepción e interpretación dos datos participaron científicos da República Popular de Bulgaria, da República Popular de Hungría, da República Popular de Polonia e da República Popular de Romanía.[2]

Foi inxectado nunha órbita inicial de 668 km de apoxeo e 263 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 93,7 minutos. Reentrou na atmosfera o 17 de xaneiro de 1971.[1][2][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "Intercosmos 4" (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (14 de maio de 2012). "Intercosmos 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  3. "Letter dated 24 November 1970 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (70-29113). 10 de decembro de 1970: 3. A/AC.105/INF.224. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Interkosmos 4" (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Interkosmos 1, 4, 7, 11, 16 (DS-U3-IK)" (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "DS-U3-IK" (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • F. FÁRNÍK, M. MACHÁCEK, B. VALNÍCEK. CORONAL ELECTRON TEMPERATURES AS MEASURED BY X-RAY PHOTOMETER (PDF). ISBN. 
  • Yu. I. Grineva, V. I. Karev, V. V. Korneev, V. V. Krutov, S. L. Mandelstam, L. A. Vainstein, B. N. Vasilyev and I. A. Zhitnik (abril de 1973). "Solar X-ray spectra observed from the ‘Intercosmos-4’ satellite and the ‘Vertical-2’ rocket". Solar Physics 29 (2): 441–446. doi:10.1007/BF00150824. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]