Instituto do Templo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 31°46′31.73″N 35°13′59.16″L / 31.7754806, -35.2331000

Insituto do Templo.

O Instituto do Templo (en hebreo: מכון המקדש) é un museo, instituto de investigación e centro educativo na cidade antiga de Xerusalén. Foi fundado en 1987. O instituto está dedicado aos dous templos de Xerusalén (o Primeiro Templo e o Segundo Templo).

Este instituto é unha organización israelita centrada nos esforzos por establecer o Terceiro Templo de Xerusalén. Os seus obxectivos a longo prazo son construír o Terceiro Templo xudeu no Monte do Templo, que é o lugar onde agora está situada a mesquita da Cúpula da Rocha.[1] Foi fundado polo rabino Yisrael Ariel[2] e recibiu fondos de particulares[3] e do goberno de Israel.[4][5] O Instituto está elaborando os obxectos rituais necesarios para ser usados no culto no futuro templo; por exemplo en 2007 xa prepararan a coroa de ouro (Tzitz) do Sumo Sacerdote, entre outros obxectos.[6]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Temple Institute". O obxectivo último do Temple Institute é ver como Israel reconstrúe o Templo Sagrado no Monte Moriah de Xerusalén, segundo os mandamentos bíblicos." (Orixinal: "The Temple Institute's ultimate goal is to see Israel rebuild the Holy Temple on Mount Moriah in Jerusalem, in accord with the Biblical commandments.) 
  2. Rebuild Herod's Temple? A Few Israelis Hope New York Times, April 9, 1989.
  3. Booth, William; Eglash, Ruth (December 2, 2013). "Jewish activists want to pray on Jerusalem’s Temple Mount, raising alarm in Muslim world". The Washington Post. Consultado o August 15, 2016. O proxecto foi fundado por Henry Swieca, o multimillonario norteamericano investidor e a súa esposa, Estee. 
  4. Tobin, Andrew (August 12, 2016). "The third Jewish Temple is coming to your Facebook feed". Jewish Telegraphic Agency. Consultado o August 15, 2016. 
  5. "Report: State funds groups that advocate building Third Temple". The Jerusalem Post. April 8, 2013. Consultado o August 15, 2016. No decurso da última década, o Ministerio de Educación e o Ministerio de Cultura e Deportes transferiron entre 300.000 e 700.000 NIS a unha organización non gobernamental coñecida como The Temple Institute. Só o último ano, o grupo recibiu 282.000 NIS do Ministerio de educación e outros 134.000 NIS do Ministerio de Cultura. 
  6. "Universal Torah Network". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]