Institución Galega da Ciencia
Aparencia
IGACIENCIA | |
---|---|
A prol da Ciencia galega e o galego na Ciencia. | |
Tipo | asociación cultural |
Presidente/a | Manuel Díaz Regueiro |
País | España |
Na rede | |
http://www.igaciencia.eu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Institución Galega da Ciencia, habitualmente coñecida coma IGACIENCIA, é unha organización sen ánimo de lucro que traballa para a promoción e o desenvolvemento das actividades científicas en Galicia, e que defente o emprego da lingua galega no ámbito científico. Entre os seus fins atópase concienciar sobre a importancia da I+D+i no desenvolvemento de Galicia, achegar á sociedade a investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicas e participar en actividades divulgativas no eido científico.
IGACIENCIA foi, xunto con Wikimedia España, a asociación organizadora do Primeiro editatión da Galipedia, que se celebrou en Lugo o 8 de novembro de 2014 con motivo da V edición do Día da Ciencia en Galego.[1]
Ámbitos de actuación
[editar | editar a fonte]- Normalización e dinamización lingüística: traballa organizando o Día da Ciencia en galego, que celebrou a súa primeira edición no ano 2010 coa temática de Matemáticas, e que contou coa colaboración da Asociación do Profesorado de Educación Matemática de Galicia. Nesa primeira edición homenaxeáronse ao galego Ramón María Aller Ulloa, ademais de a Afonso X e James Clerk Maxwell.[2]
- Investigación e desenvolvemento: traballa en diversos proxectos, coma Inventa en Galego, Sensores para todos, A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz, Rally Científico e Matemático, Arte e Ciencia ou o obradoiro A Maxia da Robótica, que se complemente co Concurso Galego de Robótica, celebrado desde 2008 e contou coa colaboración da Fundación Barrié e EducaBarrie. Desde 2018 patrocínao o Concello de A Coruña, así como Arte e Ciencia e Escher. Organiza tamén conferencias sobre Software libre, Drons, IA,...
- Educación: traballa a través de programas e actividades como Ciencia e Futuro, con conferencias dirixidas a alumnos de secundaria.
- Conferencias e Videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego
- Divulgación científica: traballa a través de dúas publicacións. As revistas Labirinto e Revista Labirinto Dixital.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cartel do Día da Ciencia en Galego.
-
Relatorio de Carlos Rodríguez Rellán
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Praza Pública (ed.). "Chega o primeiro 'editatón' da Galipedia.". Consultado o 20 de outubro de 2015.
- ↑ La Voz de Galicia (ed.). "Ramón Aller, homenaxeado polo Día da Ciencia en Galego.". Consultado o 20 de outubro de 2015.
- ↑ IGACIENCIA (ISSN 2340-6852) (ed.). "Labirintos.". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 20 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ciencia en Galego
- Igaciencia: Un ano máis promovendo a ciencia en galego. Praza Pública.
- Conferencias e Videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego
- 200 anos despois do comezo da Carta Xeométrica de Galicia, iniciamos unha nova dixital
- Concurso de Novos Poliedros
- Concurso Galego de Robótica e Drons
- Pese aos latinistas Eo é salmón en celta, Ulla é mazás, Breo é facho, Brea, amor...
- Concurso Inventa en Galego con App Inventor Arquivado 18 de xuño de 2014 en Wayback Machine.