Inshallah walad
Aparencia
Inshallah walad | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | إن شاء الله ولد |
Director | Amjad Al-Rasheed |
Estrea | 2023 |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Inshallah walad (en árabe: إن شاء الله ولد) é un filme dramático xordano de 2023 dirixido por Amjad Al-Rasheed e protagonizado por Mona Hawa, Haitham Omari, Salwa Naqara, Youmna Marwan, Muhammad Jizawi e Islam Al-Awadi, e escrito por Delphine Aught e Rola Nasser.
Foi escollido como candidato de Xordania para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse[editar | editar a fonte]
Os acontecementos da película xiran arredor dunha muller xordana chamada Nawal, que loita por obter o seu dereito á herdanza despois de que o seu marido morrese dun derramo cerebral mentres durmía, nunha sociedade estrita. Ela enfróntase a ideas que lle impiden obter o seu dereito durante a distribución de herdanza.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Mona Hawa como Nawal
- Haitham Omari como Rafiq
- Youmna Marwan como Lauren)
- Salwa Naqara como Souad
- Muhammad Al-Gizawi como Ahmed
- Islam Al-Awadi como Hassan
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Goodfellow, Melanie (2023-09-28). "Oscars: Jordan Selects ‘Inshallah A Boy’ For Best International Feature Film". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 2023-09-28. Consultado o 2023-09-28.